Soportal
Un soportal (tamén chamado de porche ou arcada[1]) é o espazo cuberto que precede á entrada dalgúns edificios[2] que se forma sostendo a parte dianteira do mesmo con columnas ou piares[3]. Adoita denominarse en plural: soportais.

As máis das veces os soportais esténdense nas casas acaroadas de toda unha rúa, un casal (ou rueiro) ou unha praza, e dispóñense ante as entradas e baixo a parte máis adiantada cara a rúa dos andares superiores, permitindo o tránsito cuberto de peóns a través del, paralelamente á propia rúa. A súa forma é a dun cuberto, loxa, atrio ou pórtico alongado; aínda que non se limita á entrada principal (como sucede en pórticos e atrios). Os soportais adoitan percorrer totalmente a fachadadun ou varios edificios; e no caso das rúas asoportaladas ou porticadas continúan en toda a lonxitude da rúa, frecuentemente a ambas as dúas beiras.
Son moi frecuentes na arquitectura rural (non moito na galega) e caracterizan dende a Idade Media as rúas comerciais e prazas principais das cidades históricas de moitos lugares de Europa, España e Galicia, como Santiago de Compostela . Cando non responden a un deseño planificado non hai unidade nas súas dimensión e aspecto (por exemplo, na multiplicidade de elementos sustentantes -columnas, piares ou pés dereitos-). Unhas son alinteladas e outras abovedadas, ou sustentadas en galerías de arcos (arcadas).
Fican vinculados á función comercial co gallo de manter mercadorías e persoas abeiradas da choiva e o sol, por iso son tan útiles na arquitectura urbana galega.
Soportais en GaliciaEditar
Os soportais son moi comúns na arquitectura urbana de Galicia dende a Idade Media. Aparecen en moitas vilas costeiras cara as praias e na maior parte de prazas maiores e rúas vellas de vilas e cidades, dende os máis sinxelos alintelados até os máis desenvolvidos con arcos. Non son comúns na arquitectura rural vernácula.
Imaxes de soportais en GaliciaEditar
Soportais na Praza da Constitución, en Vigo.
Cadro do século XIX cos soportais no Berbés, Vigo.
Soportais na Rúa do Vilar, en Santiago de Compostela.
Soportais na Praza de María Pita, na Coruña.
Soportais na Praza da Leña, en Pontevedra.
Soportais na Rúa do Vilar, en Santiago de Compostela.
Rúa de Compostela, Portomarín.
Soportais na Praza da Ferrería, Pontevedra.
Soportais góticos nunha rúa de Noia.
Soportais nunha casa de Lugo.
Soportais en Ribadavia.
Soportais primitivos en Combarro
Soportais do Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.
Soportais do Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.
Imaxes de soportais fóra de GaliciaEditar
Calle Mayor de Alcalá de Henares, España.
Pazos do Concello en Póvoa de Varzim, Portugal.
Calle Mayor do Burgo de Osma, España
Arcadas eno Pazo Sponza en Dubrovnik.
Plaza de la Constitución San Sebastián, País Vasco.
Basílica palladiana, Vicenza, Italia.
Via Montenapoleone, Milán, Italia.
Ghetto de Bolonia, Italia.
Place Saint-Louis (Metz).
Galería porticada do Palais Toerring-Jettenbach, na Maximilianstraße, e pórtico de templo grego do Nationaltheater, na Max-Joseph-Platz, Múnich, Alemaña.
Burlington Arcade, Londres, 1819, Reino Unido.[4]
Passazh, San Petersburgo, Rusia.
Passage Pommeraye (Nantes, 1840-1843).[5]
Arcadas do Colexio da Madalena, en Oxford, Reino Unido.
NotasEditar
- ↑ Sinónimos en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
- ↑ Definición en Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Edicións do Cumio, 1999
- ↑ "Definición en Portal das Palabras da [RAG]". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2015. Consultado o 06 de outubro de 2015.
- ↑ Johann F. Geist, 1982. Arcades: The History of a Building Type (MIT Press) ISBN 0-262-07082-0. Fonte citada en en:Burlington Arcade
- ↑ "Passage POMMERAYE" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 06 de outubro de 2015.Fonte citada en en:Passage Pommeraye