Combarro, Poio
San Roque de Combarro é unha parroquia que se localiza no concello de Poio. Segundo o INE no 2008 tiña 1786 habitantes (892 homes e 894 mulleres), 219 máis ca en 1999. Ten oito entidades de poboación.
San Roque de Combarro | |
---|---|
![]() igrexa parroquial | |
Concello | Poio[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°25′55″N 8°42′23″O / 42.43188, -8.70649Coordenadas: 42°25′55″N 8°42′23″O / 42.43188, -8.70649 |
Área | 5,53 km² |
Poboación | 1.833 hab. (2017) |
Densidade | 331,46 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A parroquia de Combarro foi creada no arranxo parroquial de 1867 con dez lugares ata entón pertencentes á San Xoán de Poio, aínda que algúns deles volveron a integrarse en San Xoán [2].
PatrimonioEditar
Ademais da igrexa parroquial de San Roque, ten outros dous templos católicos: a igrexa de San Bernardo e a capela da Virxe da Renda. A zona vella da vila, máis achegada ao antigo peirao, foi declarada Conxunto Histórico-Artístico, e ten hórreos e casas pegadas á costa.
A capela da Virxe da Renda é de planta rectangular, sinxela. Nela venérase unha imaxe da Virxe de Graza, procedente dunha ermida que había na Illa de Tambo e que foi derruída polos piratas ingleses en 1589. Hipólito de Sa considera que a capela data de 1712, pero a reconstrución á que foi sometida en 1985, tras ser derrubada por un temporal, puxo de manifesto o reaproveitamento de materiais procedentes dunha construción máis antiga.
FestasEditar
O 24 de agosto celébrase desde o ano 2001 a Festa do Mar.
Combarro na literatura popularEditar
- Árdelle o eixe,/ árdelle o carro,/ árdelle o eixe/ aos de Combarro [3].
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Combarro, Poio.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CombarroEditar
Lugares da parroquia de Combarro no concello pontevedrés de Poio | |
---|---|
A Armada | Chancelas | A Chousa | Cidrás | Combarro | A Costa | Tarrío | Xuviño |
Parroquias de PoioEditar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Poio | |
---|---|
Combarro (San Roque) | Poio (San Salvador) | Poio (San Xoán) | Raxó (San Gregorio) | Samieira (Santa María) |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Xosé Fariña Jamardo: Os Concellos Galegos, tomo VII, px. 404. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1993.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 269. San Roque de Combarro é parroquia do concello de Poio.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Combarro, Poio |