Abrir o menú principal
Loggia na Casa dei Cavalieri de Rodi en Roma.

Unha loxa[1] é un elemento arquitectónico, utilizado especialmente na arquitectura italiana do século XVII (loggia). Aseméllase a unha soleira do pazo galego. Na casa señorial, coincide coa planta nobre.

Funciona a xeito de galería ou pórtico e está aberto[2] integramente polo menos por un dos seus lados e sostido por columnas ou piares e arcos. Atópase normalmente a rente do chan, aínda que tamén pode atoparse a niveis máis elevados sobre doutro a rentes do chan. Neste caso chámase loggia dupla.

É semellante á Stoá grega pero é diferente do soportal, da galería e do perístilo aínda que estea presente unha columnata.

A súa orixe é discutida aínda que hai autores que falan da súa antigüidade, sendo unha das poucas contribucións dos hititas á arquitectura[3]. Porén, e usualmente recoñecido que aparece no renacemento en Italia, no Trecento e xa xeralizadas no Quattrocento[2], e o seu uso irase estendendo por toda Europa pola reputación dos arquitectos e escultores que a foron empregando como: GiambolognaMichelangelo, ou Pietro Tacca...

Na arquitectura moderna, na casa, este termo refírese de xeito xeral a un balcón cuberto no desborde da fachada, sen tamaño ou forma específica.

GaleríaEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros ArtigosEditar