Clave (arquitectura)

elemento arquitectónico, doela central que pecha un arco ou unha bóveda.

A clave (ou chave) é a doela central dun arco, ou unha bóveda. Adoita ser de maiores dimensións que as demais doelas, e a miúdo está decorada, pero non por razóns funcionais senón estéticas.

Partes do arco "clásico", de medio punto, en pedra.

Características

editar

A clave, do mesmo xeito que as doelas, susténtase debido á forma destas pezas, pois as súas caras laterais, cortadas en ángulo, transmiten lateralmente parte das tensións, equilibrándoo, e evitando que se esborrallen baixo unha carga vertical. A tensión horizontal da doela inferior transmítese ao muro, ou a outro arco, e a vertical transmítese ao muro ou a un alicerce.

A última peza que se coloca na construción dun arco é a clave. Ata que esta non se atopa colocada no seu lugar é necesario apear (soster) as doelas do arco, posto que se atopa inestable. Para iso utilízase unha cimbra, unha estrutura de madeira, ou metal, con forma de arco, que sustenta as doelas e só se retira unha vez completado o arco, ao colocarse a clave.

Galería

editar

Véxase tamén

editar