Cimbra
A cimbra é unha estrutura auxiliar que serve para soportar provisionalmente o peso dun arco ou bóveda, así como doutras obras de cantería, durante a fase de construción. Adoita ser unha cercha de madeira. Esta estrutura, unha vez ensambladas as doelas e a doela clave, desmóntase nunha operación denominada descimbrado.
Características
editarDurante o proceso de construción de arcos e bóvedas, utilízanse para suxeitar as doelas até o momento do seu remate, momento no que se coloca a clave.
Tamén se denomina cimbra á curvatura interior (ou intradorso) dun arco ou dunha bóveda. Na construción e deseño de arcos adoita evitarse o seu uso debido ao aumento do custo da súa construción. Normalmente encárgase a carpinteiros especializados
Nalgúns países de fala hispana de América tamén se utiliza o termo cimbra para designar os encofrados, pola semellanza de funcións con estes e, especialmente, cando se trata de estruturas auxiliares de grandes arcos de formigón en pontes.
Tipos de cimbra
editar- Cimbra corrediza. A que se corre cambiándoa de sitio.
- Cimbra de tendido. A empregada nas galerías de mina formada por unha camada horizontal de estemples sobre os cales se colocan os cascallos.
- Cimbra fixa. A que ten un ou máis apoios no espazo ou cravo que hai entre os estribos ou pilas da bóveda.
- Cimbra mixta. A que sendo na súa forma ou armazón xeral recollida, recibe logo os puntos de apoio intermedios aos contrafortes como as fixas.
- Cimbra peraltada. Aquela cuxo eixo é superior á metade da corda do arco que a forma.
- Cimbra rebaixada. Aquela en que a altura do eixo é menor que a metade da corda do arco.
- Cimbra flexible ou recollida. A que non ten apoio algún intermedio e só vai a apoiada nas fábricas dos contrafortes ou piares.[1]
Notas
editar- ↑ Diccionario enciclopédico popular ilustrado Salvat (1906-1914)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cimbra |