Cascallo
Denomínase cascallo[1] ao fragmento ou resto de material que provén do refugallo da construción, remodelación ou demolición de estruturas.
- Para cascallo como material granular, véxase grava.
Tipos de cascallo
editarExisten dous tipos de cascallos:
- os refugallos (fragmentos) de elementos prefabricados, como materiais de cerámica, bloques de cemento, demolicións localizadas etc.
- os refugallos (restos) de materiais elaborados na obra, como formigón e morteiros, que conteñen cemento, cal, area e pedra.
Os cascallos de construción compóñense de restos e anacos de materiais, mentres os de demolición están formados practicamente só por fragmentos, tendo por iso maior potencial cualitativo comparativamente cos cascallos de construción.
Máquina trituradora de cascallos
editarTrituradora fixa
editar- Trituración primaria: trituradora de mandíbulas
- Trituración secundaria: trituradora de impacto
- Trituración terciaria: trituradora de cono[2]
Trituradoras móbiles
editar- Trituración primaria: trituradora móbil de mandíbulas
- Trituración secundaria: trituradora móbil de impacto
- Trituración terciaria: trituradora móbil de cono
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cascallo.
- ↑ "Maquina trituradora de escombros". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 30 de novembro de 2018.