Fundación Vicente Risco
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A Fundación Vicente Risco é unha institución cultural galega constituída o 12 de abril de 1995 dedicada ao escritor, político e ensaísta galego Vicente Risco. Ten a súa sede en Allariz, no nº 3 da rúa de San Lourenzo, na casa da muller de Vicente Risco, Carmen Fernández, e na que naceron os seus fillos: Carmen (morta prematuramente), Antón, María Jesús e Cruz. Na actualidade, é propiedade do municipio.
Fundación Vicente Risco | |
---|---|
Casa museo de Vicente Risco. Sede da fundación | |
Tipo | Cultural |
Data de fundación | 12 de abril de 1995 |
Nomeado en referencia a | Vicente Risco |
Presidente/a | Celia Pereira Porto (2021-) |
Premios | Premio Otero Pedrayo |
Localización | |
Sede | Casa museo de Vicente Risco |
Enderezo | Rúa San Lourenzo |
En | Allariz |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.fundacionvicenterisco.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Obxectivos
editarO principal obxectivo da fundación é seleccionar documentación para poñer a disposición dos estudosos e investigadores. Nela custódianse dous fondos bibliográficos, documentais e plásticos de Vicente Risco e do seu fillo, Antón, en fase de catalogación e dixitalización. A intención da fundación é ir subindo documentos na web para facilitar o traballo dos investigadores. Ademais, pódese descargar a obra publicada de Vicente Risco practicamente na súa totalidade.
Por outro lado, esta institución ocúpase de promover obras, eventos e premios literarios en diferentes categorías coa intención de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega.
Instalacións
editarNa entrada, hai uns paneis que explican brevemente o labor de Risco.
No baixo, nas antigas cortes e bodega, hai unha sala multiúsos preparada para exposicións temporais. Ademais, nesta planta fanse actividades para grupos de até setenta persoas.
O primeiro piso conta cun salón modernista, no que se celebran concertos de cámara, recitais de poesía, presentacións de libros e actividades de pequeno formato. Á súa dereita, encóntrase unha recreación do despacho de Risco. O orixinal estaba situado na rúa Santo Domingo de Ourense.
Enriba dese primeiro andar, na actualidade[cando?], estase a reorganizar o espazo coa intención de inaugurar a finais de maio[cando?] unha sala con caricaturas de Vicente Risco, e unha exposición permanente sobre O porco de pé a cargo de Xabier Varela. No último piso está a parte administrativa da institución. É o lugar onde se organizan os arquivos e onde están os despachos de traballo.
Promoción de premios
editarFundación Vicente Risco promove, en colaboración con outras entidades e institucións, os seguintes premios:
- Premio Vicente Risco de Creación Literaria (Concello de Ourense, en homenaxe a Vicente e Antón Risco)
- Vicente Risco de Ciencias Sociais (de ámbito galego portugués, en colaboración cos Concellos de Castro Caldelas e Allariz, e a UTAD-CEDRAT)
- Premio Antón Risco de Literatura Fantástica (de ámbito galego portugués, en colaboración con Fina Rei, reposteiros Artesáns; Libraría Aira das Letras; Livraria Traga Mundos de Vila Real)
Promoción de eventos
editarA Fundación promove as Xornadas Romasanta. Nas tres últimas edicións convidáronse escritores que prepararon un conxunto de relatos curtos no xénero de terror e fantástico.
Alén doutras actividades puntuais, en especial nas Letras Galegas, a Fundación promove:
- Ciclo de cine clásico Caspervek. Cine mudo en directo (4 sesións ao ano, que se celebran no Espazo Ben Común de Allariz).
- Ciclo e Cámara Petiscos Musicais, catro concertos ao ano na sala do piano do primeiro andar da Fundación.
- Actividades poéticas como "Ponme un poema" durante a fin de semana máis próxima ao día internacional da poesía.
- Poetas na corte d´el Rei Sabio (en colaboración con Yolanda Castaño)
- Poemagosto, celebrado en outubro.
Do mesmo xeito, a fundación está a impulsar a Oficina Utriculari, na que o grupo de Cámara Residente na Fundación Ensembre Hotteterre está a recuperar, baixo a dirección de Paulo Gonçalves, a gaita de fol para a música erudita.
Ademais, esta impulsou o grupo "Cultura que une", que en colaboración con outras entidades portuguesas está a promover o intercambio de experiencias entre escritores, poetas, fotógrafos e artistas plásticos de Galiza e Norte de Portugal.
Literatura impulsada pola fundación
editarA Fundación ten unha liña editorial chamada Doutor Alveiros, onde alén das obras de Vicente e Antón Risco, pretende promover os premios e xornadas que se organizan, así como obras que sexan do interese da Fundación.
Algunhas das obras de literatura galega impulsadas son as seguintes:
- Reflexións en torno ao medio rural: cursos de verán da Fundación Vicente Risco, Allariz 2008-2009 (Fundación Vicente Risco, 2010)
- Vicente Risco: O mestre sempre vivo (La Voz de Galicia, 2003)
- Análise estrutural e simbólica do mito da moura (Rafael Quintía, editado pola Fundación Vicente Risco en 2016)
- Do caso que lle aconteceu ao Doutor Alveiros (Fundación Vicente Risco, 2013)
- Pan negro (Emilio Teixidor, 2011)
- Dédalus en Compostela (Vicente Risco, editado pola Fundación Vicente Risco en 2010)
- Dibujos de Lobeira (Xurxo Lorenzo Fernández, editado pola Fundación Vicente Risco en 2010)
- Teoría do nacionalismo galego (Vicente Risco, editado por Sotelo Blanco no ano 2000)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web da Fundación Vicente Risco
- Fundación Vicente Risco Turismo de Galicia. Xunta.