Delfín Modesto Brandón

xuíz do Couto Mixto

Delfín Modesto Brandón (na grafía portuguesa Delfim Modesto Brandão), nado en Tourém (Montalegre) en 1835, foi o penúltimo Xuíz ou Alcalde (Xefe de Estado) do Couto Mixto, de acordo coas súas memorias.

Infotaula de personaDelfín Modesto Brandón
Biografía
Nacemento(pt) Delfim Modesto Brandão Editar o valor em Wikidata
1835 Editar o valor em Wikidata
Tourém (Reino de Portugal) Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Cargos
Xuíz do Couto Mixto
Período1863 – c. 1865
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal
Couto Mixto
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPolítico
administrador de Correos
LinguaLingua castelá e lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Sinatura

Galiciana: 28084 BUSC: brandon-delfin-modesto

Traxectoria editar

Mudouse ó Couto Mixto e asumiu o cargo de Xuíz en xaneiro de 1863, sendo elixido para pór fin ós abusos continuos e violacións da soberanía por parte das autoridades portuguesas e españolas. Renunciou ó cargo cando a partición e anexión do territorio era inminente. Foi seguido por un último Xuíz, que rematou o seu mandato coa partición e anexión formal do territorio, entre España e o Reino de Portugal, o 23 de xuño de 1868[1].

Entre 1881 e 1885 serviu na administración postal española en Aguadilla, Porto Rico[2].

En 1904 completou un libro de memorias onde conta as últimas décadas do Couto Mixto ata a súa extinción. Estas memorias foron publicadas en castelán no 1907 como Interesante Historieta del Coto Mixto[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Delfin Modesto Brandón (1907). Tierra Gallega, ed. Interesante Historieta del Coto Mixto (en castelán). A Coruña. p. 21. 
  2. "Expte. p. de D. Delfín Modesto Brandon". ArchivesPortalEurope (en castelán). Consultado o 6-5-2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar