Tierra Gallega (A Coruña)
Tierra Gallega foi un periódico editado na Coruña entre 1903 e 1917. Tivo unha segunda etapa en 1933.
Tierra Gallega | |
---|---|
Fundación | 1 de setembro de 1903 e 25 de xaneiro de 1933 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | A Coruña |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarDiario republicano que apareceu o 1 de setembro de 1903[1], órgano do partido republicano da Coruña continuador de El Combate[2] e portavoz do republicanismo en Galicia.[3] Foron os seus directores Eladio Fernández Diéguez e Adolfo Lahorra (1910[4]-1914[5]). Antonio Carballo Tenorio foi un dos redactores e entre os seus colaboradores figuraron Leandro Carré Alvarellos (co pseudónimo "L. de S.") e Antón Villar Ponte.
En 1914 Santiago Casares Quiroga asumiu a dirección do periódico, que defendeu o autonomismo galego, renegando do vello federalismo. Mantivo unha liña neutral ante o conflito da primeira guerra mundial, o que provocou un enfrontamento cos partidarios de que o periódico apoiase os aliados.
Segunda etapa
editarEn 1933 a dirección da Organización Republicana Gallega Autónoma acordou editar de novo o xornal. Saíu á luz o 25 de xaneiro con Julio Wonenburger como director[6], aínda que en febreiro aparece como director Avelino López Otero[7]. Non conseguiu consolidarse e pechou o 4 de xuño dese ano.
Notas
editar- ↑ El Norte de Galicia, 2-9-1903, p. 2.
- ↑ El Noroeste, 2-9-1903, p. 1.
- ↑ Durán (1973), p. 33
- ↑ El Noroeste, 4-5-1910, p. 2.
- ↑ El Noroeste, 20-1-1914, p. 1.
- ↑ Alfonso Bozzo, Alfonso (1976). Los partidos políticos y la autonomía en Galicia, 1931-1936. Madrid: Akal. p. 105. ISBN 84-7339-135-7.
- ↑ Faro Villalbés, 11-2-1933, p. 3.