Avelino López Otero

xornalista e político galego

Avelino López Otero, nado en Acevedo (San Xurxo de Piquín, concello de Ribeira de Piquín; por entón do concello de Meira), en 1903 e finado o 25 de setembro de 1936, foi un xornalista e político galego.

Avelino López Otero
Avelino López Otero.jpg
Nacemento1903
Lugar de nacementoAcevedo
Falecemento25 de setembro de 1936
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
IrmánsCésar López Otero
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Portada do anteproxecto do 3 de xullo de 1932.

Licenciouse en dereito e tras emigrar durante un tempo a Cuba instalouse na Coruña, onde foi correspondente de El Pueblo Gallego, dirixiu en Lugo o semanario republicano Guión (1930), no que colaboraron importantes políticos republicanos de Lugo e intelectuais e literatos de toda Galicia. Membro da masonería, traballou como secretario do seu irmán, o político César López Otero e con el foi o promotor da constitución do concello de Ribeira de Piquín, constituído o 5 de marzo de 1935. Avelino formou parte da comisión de técnicos que redactou o anteproxecto do Estatuto de Autonomía para a Asemblea que convocara o concello de Santiago de Compostela en 1932 e que constituíu a versión definitiva do estatuto que se plebiscitou en 1936. Despois de pertencer á Organización Republicana Gallega Autónoma e á Federación Republicana Gallega, foi secretario xeral do Partido Republicano Gallego entre 1933 e 1934, ata que se integrou en Izquierda Republicana. En 1933 figuraba como director de Tierra Gallega[1].

Detido a raíz da sublevación do 18 de xullo de 1936, morreu no Hospital de Lugo, onde fora trasladado o 17 de setembro dende a prisión de Lugo a consecuencia das feridas das malleiras.

NotasEditar

  1. Faro Villalbés, 11-2-1933, p. 3.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar