Planta (arquitectura)

Planta é a figura que forma a base dun edificio ou a sección horizontal de cada un dos pisos[1]. Tamén se denomina así a representación do plano horizontal dunha figura, a proxección dun obxecto ou dun espazo arquitectónico, que foi cortado por un plano secante, a fin de amosar o seu interior. A planta é unha consecuencia do sistema proxectivo monxeano.[2]

Planta do Centro Municipal de Dallas de 1946.

NotasEditar

  1. Definición en Portal das Palabras da RAG.
  2. Fernandes, Aline, Centro de Ensino Superior do Amapá Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine., páxina visitada o 22 de agosto de 2014.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar