Xamba
peza que sostén un lintel ou arco
Denomínase xamba (do francés jambe 'perna', tomado da forma camba do latín vulgar)[1] ou macheta[2] a cada unha das dúas pezas labradas que, postas verticalmente nos dous lados das portas o fiestras, sosteñen o lintel ou o arco que os cobre[3]. Tanto se o muro da casa é de cachotería coma de cantaría as xambas adoitan ser pezas de perpiaño.
Porta dunha igrexa en Coles, Cambeo. A pedra que atravesa a porta por riba é o lintel, as pedras dos lados da porta forman as xambas.
Outros sinónimos en galego son: agulla, pé dereito, mocheta, tranqueiro e ucheira[4].
Denomínase xambaxe ao conxunto formado polas xambas e o lintel dunha porta ou ventá[5].
Galería de imaxesEditar
Xamba do Pórtico da Gloria.
Xamba dunha porta na Catedral de Santiago de Compostela.
Tranqueiro ou xamba sinalado nunha fiestra do Convento de Santa Clara de Santiago de Compostela.
NotasEditar
- ↑ "Xamba". Portal das Palabras. Consultado o 4 de setembro de 2016.
- ↑ Denominación en galego en Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Definición en Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura, Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 e Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
- ↑ {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=xamba&sinom=0&homonimo= |título=Sinónimos no Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=28 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160305165529/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=xamba&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=05 de marzo de 2016 |urlmorta=yes }}
- ↑ {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=xambaxe&sinom=0&homonimo= |título=Definición no Portal das palabras da [[RAG |data-acceso=28 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160307003659/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=xambaxe&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=07 de marzo de 2016 |urlmorta=yes }}
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xamba |