Décimo Xunio Bruto Galaico
Décimo Xunio Bruto Galaico (en latín: Decimus Junius M. f. M. n.[1] Brutus Gallaecus ou Callaecus ou Callaicus), nado en Roma en 180 a.C. ou 181 a.C. e finado en 113 a.C., foi un xeneral e político romano do século II a.C., que dirixiu as campañas de conquista da Gallaecia.
Décimo Xunio Bruto Galaico | |
---|---|
![]() | |
Nome de nacemento | Decimus Junius Brutus |
Alcume | Callaicus |
Nacemento | 180 a.C. ou 181 a.C. |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | 113 |
Lugar de falecemento | Roma |
Nacionalidade | República Romana |
Ocupación | Político, militar |
Pai | Marco Xunio Bruto (cónsul) |
Nai | ? |
Cónxuxe | Clodia |
Fillos |
|
Irmáns | Marco Xunio Bruto (pretor) |
Cargos | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Era un optimate que dirixiu as tropas en Hispania e en Iliria.
Era fillo de Marco Xunio Bruto (cónsul no 178 a.C.) e irmán de Marco Xunio Bruto (pretor no 88 a.C.). Tivo un fillo tamén chamado Décimo Xunio Bruto (cónsul no 77 a.C.), e o seu neto foi Décimo Xunio Bruto Albino.
TraxectoriaEditar
Bruto, foi cónsul no ano 138 a. C., xunto con Publio Cornelio Escipión Nasica Serapio.
Dirixiu a campaña para estabilizar e castigar as tribos rebeldes do territorio ao norte do río Texo logo da morte de Viriato. Estableceu o seu cuartel nunha illa, identificada coa de Almourol, nas beiras do Texo, e fortificou Olisippo (Lisboa). No seu avance cara ao norte tivo que facer fronte a numerosos levaantamentos das poboacións locais. Fundou Valentia (Valença do Miño) cos superviventes do exército de Viriato e estableceu unha posición fortificada en Viseu.
Xa como procónsul, no ano 137 a.C. cruzou o río Douro e entrou no territorio dos callaeci ou galaicos, arredor do actual Porto, pero que deron nome a todos os pobos localizados máis ao norte, e chegou ao río Limia (Lethes). Ante a negativa dos seus soldados a cruzalo polo temor a perderen a memoria, Bruto cruzouno o primeiro, e os seus soldados seguírono ao veren que os chamaba polos seus nomes, e segundo conta Estrabón, chegou até o río Miño.
O Senado romano concedeulle o título de Callaicus no -36 a.C.
Predecesor: Cneo Calpurnio Pisón, Marco Popilio Laenas |
Cónsul da República Romana 138 a.C. xunto con Publio Cornelio Escipión Nasica Serapio |
Sucesor: Marco Emilio Lépido Porcina Caio Hostilio Mancino |
NotasEditar
- ↑ "M. f. M. n. é unha abreviación de Marci filius Marci nepos, é dicir fillo de Marco, neto de Marco". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 07 de xuño de 2011.