Valença, Portugal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Coordenadas: 42°1′33″N 8°37′58″O / 42.02583, -8.63278
Valença, tamén coñecida como Valença do Miño[1] (Valença do Minho en portugués), é un concello portugués do distrito de Viana do Castelo, dentro da Região Norte e subrexión do Minho-Lima.
Valença | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Norte | ||
Subrexión | Miño-Lima | ||
Distrito | Viana do Castelo | ||
Xeografía | |||
Altitude | 116 msnm | ||
Superficie | 117,43 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 14.127 hab. (2011) | ||
Densidade | 121,73 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 1000 a 1900 Lisboa | ||
Alcalde | José Manuel Carpinteira | ||
www.cm-valenca.pt |
O concello abrangue 117,43 km² de área e 14.127 habitantes (2011), subdividido en dezaseis freguesías. Linda polo leste co municipio de Monção, polo sur con Paredes de Coura, polo oeste con Vila Nova de Cerveira e ao noroeste e norte únese a Tui a través do río Miño.
Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade galega de Tui unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.
HistoriaEditar
Valença ten orixes moi remotas. A súa ocupación remonta a épocas moi recuadas: os gravados rupestres que se poden observar en determinados lugares de certas freguesías son proba irrefutábel dunha ocupación afastada no tempo. As Inquirições de D. Afonso III tamén fan alusión a edificacións do tipo dolménico no concello de Valença.[2]
Procedentes das máis variadas orixes, indoeuropeas, mediterráneas e africanas, foron acudindo á rexión varios pobos atraídos pola abundancia de caza e da pesca, pola fertilidade do solo, polas serras acantiladas permitindo a defensa contra as doutras tribos como os ligures, os grovios e os celtas.
Un marco moi importante para a historia de Valença foi o paso de Décimo Xunio Bruto Galaico, no 137 a.C. que, após cruzar o río Limia, conduciu as súas tropas até o Río Miño, tendo acampado na freguesía de Gandra. No tempo do Emperador Augusto comezáronse a definir pequenas fortalezas nos Castri. Era este o caso do castellum de Valença, situado sobre o río Miño.
Aos romanos os sucederon os Suevos que penetraron na Galiza pola bacía do Douro, a mediados do século V. O mesmo aconteceu cos Godos: o famoso Witiza estableceu a súa residencia real na cidade de Tui, tendo as ruínas dese pazo perdurado até o século XVIII. Na rexión valenciana son moi frecuentes os topónimos de orixe xermánica, que derivan destes tempos.
A primeira invasión árabe data do ano 716, Abd al-Aziz ibn Musa entra na Lusitania cun numeroso exército, tomando Porto, Braga e Tui, que apenas foi liberada no ano 736 por Afonso I de Asturias. O ano 997 trouxo as peores consecuencias para a Galiza e a Rexión de Miño, cando Almanzor, no seu camiño a Santiago de Compostela, destruíu todo ao seu paso, incluíndo o Mosteiro de Ganfei.
Repoboouse no século XIII tras recibir carta foral do rei Sancho II de Portugal, e chamouse Contrasta, co significado de "vila oposta a outra" (Tui neste caso). Recibiu o nome actual en 1262 por orde de Afonso III de Portugal.
Foi elevada ao título de cidade o 12 de xuño de 2009.[3]
DemografíaEditar
A evolución demográfica entre 1801 a 2011:[4]

Evolución demográfica | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2004 | 2009 | 2011 |
9.242 | 13.984 | 15.265 | 16.034 | 16.237 | 13.948 | 14.815 | 14.187 | 14.284 | 14.295 | 14.127 |
FreguesíasEditar
As freguesías de Valença son:
PatrimonioEditar
MonumentosEditar
- Castelo de Valença
- Convento de Ganfei
- Convento de Mosteiró
- Convento de Sanfins/Friestas
- Igrexa da Misericórdia de Valença
- Igrexa de Santa Maria dos Anjos
- Igrexa Matriz de Valença
- Praza-forte de Valença
- Ponte Vella Internacional Tui-Valença
Espazos naturaisEditar
O concello de Valença ten 13 espazos naturais:[5]
|
|
MuseosEditar
En Valença existe unha Rede Museolóxica, creada para promover o patrimonio, proporcionando cultura en todas as súas vertentes.[6]
Na actualidade, o concello de Valença ten cinco museos:
|
|
|
EnoturismoEditar
Valença conta cunha rede de enoturismo que consta de tres adegas: Adega Edmun do Val, Adega Rolan e Adega J Barbosa e Herdeiros, nos que os turistas poden hospedarse, facer catas e gozar da paisaxe vitivinícola.[7]
Galería de imaxesEditar
O castelo.
NotasEditar
- ↑ "#DígochoEu Aprende os principais topónimos de Portugal en galego". Consultado o 2022-08-16.
- ↑ "Historia de Valença". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2015.
- ↑ Público. "Portugal tem cinco novas cidades e 22 vilas". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2009. Consultado o 2009-6-12.
- ↑ "Census de 1991, 2001 e Território em números de 2004".
- ↑ "Turismo - Espaços Naturais". Consultado o 1 de agosto de 2015.[Ligazón morta]
- ↑ "Museus de Valença". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2015.
- ↑ "Enoturismo en Valença". Consultado o 1 de agosto de 2015.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valença, Portugal |