Festa do Esquecemento

evento festivo de recreación histórica en Xinzo que lembra a chegada das lexións romanas

A Festa do Esquecemento, organizada pola Asociación Cultural Civitas Limicorum, é un evento festivo de recreación histórica, celebrado ininterrompidamente desde o ano 2001 na localidade de Xinzo, que lembra a chegada das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto até a marxe esquerda do río Limia. Un dos seus promotores iniciais foi Miro Cerredelo.

Décimo Xunio Bruto atravesa o río Limia.
Batalla entre castrexos e romanos.
Lexionario.

O denominación da festa, “Esquecemento”, débese a que as tropas romanas, por mor do singular lugar en que debían cruzar o río Limia, creron acharse perante o lendario río Lethes, o río do Esquecemento, que facía esmorecer todas as lembranzas de quen o atravesase. Ante esta crenza e dificultade, Décimo Xuño Bruto, para que as lexións continuasen avanzando, viuse obrigado a cruzar o río empuñando o estandarte das aguias de Roma e a chamar polo seu nome a cada soldado desde a outra marxe para demostrar que a súa crenza era mera superstición.

A festa ten como momento máis significativo a recreación do paso do río Limia, mais hai outras moitas representacións da tradición e cultura castrexa e romana como danzas, mercado romano, banquetes romanos, desfile de lexións, loita de gladiadores, carreiras de cuadrigas etc.

Festa do Esquecemento 2011 editar

Algunhas das actividades desenvolvidas na Festa do Esquecemento 2011[1]:

  • Venres ás 23:00 h.
  • Acto de invocación as deusas Xuno e a deusa Mae-Callaech.
  • Sábado 24-08-2011.
  • Escaramuzas e liortas entre castrexos e romanos polo macelum.
  • Obradoiros, xogos, desfiles, animacións...
  • Ludi gladiatori (Loitas de gladiadores).
  • Vodas e nasciturus: Flamen Marco Flavio Sabino e Druída Rodrigísturis.
  • Selado do Pacto de Hospitalidade de grupos invitados coa Civitas Limicorum.
  • Cea de confraternización castrexa e romana.
  • Domingo 25-08-2011.
  • Expugnatium: Os castrexos non pagan impostos, participan: Caetra, Lugdunum, Tir Na Nog, Civitas Lucensis e Lucus Equites.
  • Representación do Cruzamento do Lethes.
  • Batalla entre Castrexos e Romanos.
  • Desfile xeral dos grupos Castrexos e Romanos cun gran percorrido.
  • Circo romano.
  • Troula romana.
  • Demostracións ecuestres a cargo do grupo Lucus Equites.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Páxinas galegas. "Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia". Arquivado dende o orixinal o 17-08-2012. Consultado o 12-06-2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar