Conca fluvial do Limia en Galiza (en azul escuro).
Os romanos identificaron o río Limia co mitolóxico río Lethes. Tiña a propiedade quen atravesase este río mítico de esquecer cal era a súa orixe e ficaba a morar na súa ribeira. Conta Plinio, que o xeneral Décimo Xunio Bruto Galaico no 138 antes da era actual atreveuse a pasalo de primeiro e, dende a outra beira, comezou a citar os nomes dos seus soldados para disipar os seus temores. Á súa beira construíuse o campamento romano Aquis Querquennis.
Chamáchesme dos da néboa/ porque paso o río Limia;/ eu chámote porreteiro,/ ceboleiro de Xendive[1].
↑Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 62). Xendive é lugar de San Salvador de Torno, no concello de Lobios. Xaquín Lorenxo explica que chaman “os da néboa” á xente do val do río Limia, por ser frecuentes as néboas que se producen no inverno, e que “ceboleiros” son os veciños de Xendive.