Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes. Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.

Modelo:Xeografía políticaPonte de Lima
Imaxe

Localización
Mapa
 41°46′N 8°35′O / 41.77, -8.58Coordenadas: 41°46′N 8°35′O / 41.77, -8.58
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Viana do Castelo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Anais (pt) Traducir
Arca e Ponte de Lima (pt) Traducir
Arcozelo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 39+
Poboación
Poboación43.498 (2011) Editar o valor em Wikidata (135,83 hab./km²)
Xeografía
Superficie320,25 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Limia Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1125 Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal4990 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcm-pontedelima.pt Editar o valor em Wikidata
A ponte sobre o río Limia xunto a Ponte de Lima.

É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 freguesías. O municipio limita ao norte co concello de Paredes de Coura, ao leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, ao sueste con Vila Verde, ao sur con Barcelos, ao oeste con Viana do Castelo e Caminha e ao noroeste con Vila Nova de Cerveira.

Localidade moi importante desde a era romana, posúe un Pazo da Corte do Reino de León, documentado por achados arqueolóxicos e outros documentos escritos. Recibiu Carta foral de Dona Teresa en 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal.[1] É de aquí orixinario o coñecido queixo Limiano.[2] Destaca polos seus xardíns.

Toponimia editar

O nome vén claramente da ponte que cruza o río Limia, chamado en Portugal Lima. A finais da década de 1950, a vila debateu a designación a adoptar para o municipio: Ponte do Lima ou Ponte de Lima. Até 1982, os escritos da Cámara Municipal aínda referían Ponte do Lima e só despois pasou a Ponte de Lima.

Historia editar

A vila posúe raíces profundas e lendas ancestrais dende épocas prerromanas. Foi a condesa Teresa de León quen o 4 de marzo de 1125, outorgou carta de foral á vila, referíndose á mesma como Terra de Ponte. Anos máis tarde, xa no século XIV, Pedro I, atendendo á posición xeoestratéxica de Ponte de Lima, mandou contruír a muralla, polo que o resultado final foi o dun burgo medieval cercado de murallas e nove torres, das cales aínda restan dúas, varios vestixios das restantes e de toda a estrutura defensiva de entón, facéndose o acceso á vila a través de seis portas.

 
Vista de Ponte de Lima.

A ponte, que deu nome a esta terra, adquiriu sempre unha importancia de gran significado en todo o Alto Minho, sendo a única pasaxe segura do río Limia, en toda a súa extensión, até o final da Idade Media. A primitiva, da cal aínda resta un anaco significativo na marxe dereita do Limia, foi construída polos romanos e a medieval é un marco notábel da arquitectura, sendo un bo exemplo de beleza e equilibrio. Referencia obrigatoria en rutas, guías e mapas, moitos deles antigos, que describen a pasaxe por ela de milleiros de peregrinos cara a Santiago de Compostela e que aínda hoxe en día a atravesan coa mesma finalidade.

A partir do século XVIII xorde a expansión urbana e con ela o inicio da destrución da muralla que abrazaba a vila. Comeza a prosperar, por todo o concello de Ponte de Lima, a opulencia das casas señoriais que a nobreza da época se encargou de diseminar. Ao longo do tempo, Ponte de Lima foi, así, sumando á súa beleza natural, magníficas fachadas góticas, maneiristas, barrocas, neoclásicas e oitocentistas, aumentando significativamente o valor histórico, cultural e arquitectónico.

Hoxe en día, ademais de ser un popular destino turístico e ser paso de obriga do camiño portugués a Compostela, Ponte de Lima sobresae polos seus xardíns, incluíndo un concurso de xardinaxe anual.

Freguesías editar

Notas editar

  1. Isto é, todas as localidades con foro máis antigo que o de Ponte de Lima, ou perderon ese estado (sendo levadas ó estado de aldea ou lugar), ou pasaron ó estado de cidade.
  2. "Limiano - A marca". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar