Xinzo de Limia

concello da comarca da Limia, na provincia de Ourense

Coordenadas: 42°03′50″N 07°43′26″O / 42.06389, -7.72389

Xinzo de Limia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 10.043 habitantes (9.999 no 2006, 9.930 no 2005, 9.869 no 2004, 9.821 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «limiao», «limego» ou «límico».

Xinzo de Limia
Bandeira de Xinzo de Limia
Escudo de Xinzo de Limia
Situación
Xentilicio[1]limiao - limego - límico
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación9.529 hab. (2023)[2][3]
Área132,7 km²[3]
Densidade71,81 hab./km²
Entidades de poboación20 parroquias e 35 lugares[4]
Capital do concelloXinzo de Limia
Política (2023[5])
AlcaldeAmador Díaz Penín (AXIL[6])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 4
Outros: ÁXIL: 3
Eleccións municipais en Xinzo de Limia
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes75,38%
Na rede
xinzodelimia.gal
Facebook: xinzodelimia Twitter: xinzoconcello Youtube: UCpsKt_PJNppwEP54ipyRt7A Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Está situado a 35 km de Ourense e 30 de Verín.

Demografía editar

Censo total 10.043 (2015)
Menores de 15 anos 1.352 (13.46 %)
Entre 15 e 64 anos 6.100 (60.74 %)
Maiores de 65 anos 2.591 (25.8 %)

Fonte: Instituto Nacional de Estadística (INE), 1857-2011

Evolución da poboación de Xinzo de Limia   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.622 8.495 10.200 10.544 9.869 10.161 10.329 10.358 10.307 10.200 10.043 10.004 9.875 9.836 9.715 9.637 9.621 9.611 {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Hidrografía[8] editar

A rede hidrográfica, antes marcada pola lagoa de Antela despois da súa seca, pasou a organizarse arredor do río Limia, que cruza todo o municipio con escasa pendente e dificultades de drenaxe, polo que no inverno é frecuente ver zonas asolagadas. Pola súa beira esquerda únenselle varios afluentes que teñen o seu nacemento nas zonas mais meridionais do municipio: Faramontaos, Nocedo, Rego dos Arnos e Rego da Ribeira.

Historia editar

Idade Antiga editar

Xinzo de Limia ten as características dos pobos límicos, que se asentaron durante a dominación romana. Para uns autores como GÓNZALEZ DE ULLOA a capital deste pobo estaría en Sarreaus[9][10], na ladeira occidental do Monte Viso, a localización da capitalidade deste pobo non é compartida por tódolos investigadores[11], sobre todo despois dos importantes achados na vila de Xinzo de Limia que a convirten na outra "alternativa" para situar a capitalidade dos límicos durante o período galaico-romano (XUSTO RODRÍGUEZ, 1999. RIVAS FERNÁNDEZ, 2000)

No norte do municipio atópanse vestixios da vía XVIII do itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga.

Idade Media editar

A cidade foi conquistada e reconquistada por parte do rei portugués Afonso Henriques. Concretamente no 1130, o Rei de Portugal, tentando recuperar as terras que posuía a súa nai D. Teresa, comandou unha ofensiva contra o sur de Galicia, e despois de tomar Tui encamiñouse a Limia, onde coa axuda do Tenente da Limia o Conde Rodrigo Pérez, incorporouna a súa Coroa construíndo daquela o Castelo de Celme[12].

O rei portugués tenta conquistar un punto clave cando ataca Badaxoz en 1169, o que redunda nun desastre militar. O seu obxectivo consistía en dominar a liña do Guadiana. Alfonso esnaquízase unha perna nesta campaña e queda en mans do seu xenro Fernando II. A cambio da súa liberdade, tivo que proceder á devolución das terras de Toroño e Limia que antes ocupara[13], pasando a constituír un condado.

Idade Contemporánea editar

O concello de Moreiras foi creado por decreto de 15 de xullo de 1836 e o 9 de xaneiro de 1927 [14] incorporouse ao concello de Xinzo de Limia.

Entroido editar

Artigo principal: Entroido de Xinzo de Limia.
 
A Pantalla, figura principal do Entroido de Xinzo de Limia

Xinzo de Limia ten un dos ciclos de entroido máis longos de Galicia, con cinco semanas de duración e que está declarado como Festa de Interese Turístico Internacional.

O ciclo iníciase o sábado anterior ao domingo fareleiro co petardazo, onde a xente se xunta na Praza Carlos Casares para dar a benvida ao entroido cunha conta atrás; no propio domingo ten lugar a primeira batalla co farelo.

A fin de semana seguinte ten lugar o "Colgamento do Meco": a procesión do Meco ten lugar o sábado antes do domingo oleiro desde o Barrio de Abaixo, que ao escurecer sae pola rúa dos Viños acompañado con fachucos de palla e unha gran comitiva formada polo carro cos bois, touro, choqueiros, máscaras, cura, gaiteiros, apeiros de labranza e gandeiros con vestimenta tradicional. O domingo oleiro celébrase na Praza Maior o xogo da ola, pásanse as olas de barro de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo); despois o xogo repítese no Barrio de Abaixo.

A noite das mulleres (noite fémina ou sábado corredoiro), as mulleres da vila reúnense para cearen en restaurantes ou en locais particulares. O domingo corredoiro saen por vez primeira as pantallas ás rúas.

Desde o venres até o martes de entroido son os cinco días grandes, coa participación de charangas e bandas de gaitas locais. O venres de entroido ten lugar o desfile dos cativos de tódolos centros educativos da comarca. O martes de entroido pola tarde ten lugar o gran desfile de comparsas e carrozas. O mércores de cinza ten lugar o enterro da sardiña, logo do sermón e o pasarrúas.

O ciclo péchase o domingo de piñata con xogos infantís. No ano 2024 recuperouse o sábado de Piñata, onde se realiza o baile e a verbena de mascaritas e mailo xogo da cucaña na Praza Maior.

Política municipal editar

O 11 de outubro de 2010 o pleno municipal elixiu como novo alcalde ao popular Antonio Pérez, logo da dimisión do senador Isaac Vila Rodríguez, que foi alcalde durante 25 anos. O 21 de marzo de 2018 Pérez presentou a súa dimisión como concelleiro e rexedor do concello tras ser condenado por prevaricación,[15] polo que foi substituído por Manuel López Casas.[16]

Tralas eleccións do 2019, foi investida alcaldesa a socialista Elvira Lama Fernández grazas á coalición co BNG e partidos locais (AXIL e XA). No 2024, a alcaldía virou cara a dereita, sendo investido alcalde Amador Díaz Penín (ÁXIL) grazas ao apoio do PP.

Xinzo na literatura popular editar

  • Home de Xinzo e boi de Vilar, non se afán en calquera lugar [17].

Galería de imaxes editar

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Xinzo de Limia

Boado (San Pedro) | Cima de Ribeira (San Miguel) | Damil (San Salvador) | Faramontaos (San Salvador) | Ganade (San Bartolomeu) | Gudín (San Miguel) | Guntimil (San Xoán) | Lamas (Santa María) | Laroá (Santa María) | Moreiras (San Tomé) | Morgade (San Tomé) | Mosteiro de Ribeira (Santa María) | Novás (San Nicolao) | Parada de Ribeira (San Salvador) | A Pena (San Pedro) | Piñeira Seca (Santo André) | San Pedro de Laroá (San Pedro) | Seoane de Oleiros (San Xoán) | Solbeira de Limia (San Pedro) | Xinzo de Limia (Santa Mariña)

Lugares de Xinzo de Limia editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xinzo de Limia vexa: Lugares de Xinzo de Limia.

Notas editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Xinzo de Limia".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2023". 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Xinzo de Limia". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. "A Limia". Páxina oficial do Concello de Xinzo. Consultado o 02/09/2022. 
  9. García Valdeiras, Manuel (2001). "O Forum Limicorum". Minius IX: 39–50. 
  10. González García, Francisco Javier (2007). Los pueblos de la Galicia Céltica. Akal. p. 541. ISBN 978-84-460-2260-2. 
  11. J.C, Rivas Fernández (2000). "O Foro dos Límicos. Xinzo, Epicentro de Camiños en Época Romana". Lethes 2: 62–73. 
  12. "As cen torres da Limia". O castelo de Portela da Pena. Consultado o 02/09/2022. 
  13. Baquero Moreno, Humberto. "Afonso Enriques". Real Academia de la Historia. Consultado o 02/09/2022. 
  14. Martínez Cerredelo, Edelmiro (2012). Grupo Pedro González de Ulloa de Estudos Históricos da Limia. Historia de Xinzo de Limia. ISBN 978-84-616-1499-8. 
  15. F., L. (6 de abril de 2018). "Xinzo celebra pleno extraordinario para elixir novo alcalde tras a dimisión de Pérez". Faro de Vigo. Consultado o 6 de abril de 2018. 
  16. "Manuel López Casas é o novo alcalde Xinzo". Consultado o 7 de abril de 2018. 
  17. Elixio Rivas Quintas (2001).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Elixio Rivas Quintas: Frampas III, contribución al diccionario gallego, 2001, no Dicionario de Dicionarios.

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.