Manuel López Casas
Manuel López Casas, nado en San Pedro de Laroá (Xinzo de Limia) o 9 de marzo de 1948, é un mestre e político galego do PPdeG
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1948 (76 anos) San Pedro de Laroá, España |
Alcalde de Xinzo de Limia | |
6 de abril de 2018 – agosto de 2018 (dimisión) ← Antonio Pérez Rodríguez | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Traxectoria
editarDiplomouse en Maxisterio e exerceu como mestre dende 1969 en centros de Xinzo de Limia e Pontevedra; especialista en Lingua Galega. Foi elixido concelleiro nas municipais de 1979, inicialmente pola UCD, pasando posteriormente por Coalición Galega, Centristas de Galicia e PPdeG, sendo o primeiro tenente de alcalde de Isaac Vila. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas de 1997. Nas municipais de 1999 encabezou a candidatura do PPdeG en Xinzo de Limia e foi a forza máis votada, sen maioría absoluta, polo que non logrou a alcaldía tras un pacto entre o PSdeG, BNG e Coalición Galega. O 23 de xaneiro de 2001 foi nomeado director xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura. En 2002 pasou a ser delegado da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural en Ourense. Volveu ser elixido concelleiro de Xinzo de Limia nas municipais de 2011 e foi primeiro tenente alcalde. O 21 de marzo de 2018 o alcalde Antonio Pérez Rodríguez presentou a súa dimisión como concelleiro e rexedor do concello tras ser condenado por prevaricación,[1] e foi elixido alcalde de Xinzo de Limia o 6 de abril.[2]. Porén, presentou a súa dimisión en agosto dese mesmo ano,[3] sendo substituído polo seu compañeiro Manuel Cabas López.
Predecesor: Antonio Pérez Rodríguez |
Alcalde de Xinzo de Limia 2018 |
Sucesor: Manuel Cabas López |
Notas
editar- ↑ F., L. (6 de abril de 2018). "Xinzo celebra pleno extraordinario para elixir novo alcalde tras a dimisión de Pérez". Faro de Vigo. Consultado o 6 de abril de 2018.
- ↑ "Manuel López Casas é o novo alcalde Xinzo". Consultado o 7 de abril de 2018.
- ↑ La Voz de Galicia, 7-8-2018, p, 10.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Biografía Arquivado 30 de outubro de 2020 en Wayback Machine.