Boado, Xinzo de Limia
San Pedro de Boado é unha das 22 parroquias do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. Segundo datos do IGE en 2009 tiña 143 habitantes, 72 homes e 71 mulleres.
Boado | |
---|---|
![]() | |
Concello | Xinzo de Limia[1] |
Provincia | Ourense |
Poboación | 117 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
EconomíaEditar
As súas actividades económicas principais son a gandería (vacún), a agricultura (trigo, pataca e produtos da horta). Tamén hai outros servizos como a fontanería, mecánica, e sector servizos.
TopónimoEditar
Hai varias teorías sobre a orixe do topónimo Boado. Pode provir da palabra céltica bed/bud, que significaba "auga parada, charca, fonte", pola súa proximidade á Lagoa de Antela. Tamén é posible que proveña do árabe ouadi ("río"), ou do latín uadum ("fonte"), dado o feito de que en Boado existen máis de vinte fontes.
FestasEditar
O patrón da parroquia é San Pedro, que se celebra a última fin de semana do mes de xuño, mais tamén se celebran misas e festas por Ramos, polo magosto e polo Entroido.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de BoadoEditar
Lugares da parroquia de Boado no concello de Xinzo de Limia (Ourense) | |
---|---|