Xunqueira de Espadanedo
Xunqueira de Espadanedo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. Segundo o INE en 2020 tiña 751 habitantes[8] (1.001 no 2006, 1.017 no 2005, 1.033 no 2004, 1.050 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «xunqueirao».
Xunqueira de Espadanedo | |
---|---|
![]() Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | xunqueirao |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Allariz - Maceda |
Poboación | 723 hab. (2022)[2][3] |
Área | 27,65 km²[3] |
Densidade | 26,15 hab./km² |
Entidades de poboación | 4 parroquias e 25 lugares[4] |
Capital do concello | Xunqueira de Espadanedo |
Política (2023[5]) | |
Alcalde | Carlos Gómez Blanco (PPdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Xunqueira de Espadanedo | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 84,34% |
Na rede | |
http://www.xunqueiradeespadanedo.es/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
Situación editar
Limita cos concellos de Parada de Sil, Montederramo, Maceda, Esgos e Nogueira de Ramuín. Está situado nun terreo montañoso, entre a serra de Meda, o monte do Rodicio e o monte do Couso.
Abrangue 27,65 km²[8], repartidos en catro parroquias. Está comunicado a través da estrada OU-536, que comunica Ourense con Ponferrada.
Demografía editar
Padrón municipal 2020 | 751 habitantes[8] |
---|---|
Menores de 15 anos | 44 (5,86 %) |
Entre 16 e 64 anos | 418 (55,66 %) |
Maiores de 65 anos | 289 (38,48 %) |

Evolución da poboación de Xunqueira de Espadanedo Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
1.900 | 1.891 | 1.829 | 1.489 | 1.033 | 962 | 914 | 892 | 862 | 863 | 818 | 800 | 756 | 741 | 745 | 751 | {{{17}}} | {{{18}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Patrimonio editar
Consérvanse edificacións da Idade Media, destacando o mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, con orixe no século XII, e pertenceu á orde do Císter. En Paradela consérvase un peto de ánimas.
Entre a arquitectura civil destaca o muíño de Reboredo e o de Xunqueira de Espadanedo.
Economía editar
É famosa a cerámica de Niñodaguia, un traballo tradicional e artesán. Esta cerámica resulta moi vistosa polo seu proceso de vidrado.[11][12]
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Xunqueira de Espadanedo.
-
Mosteiro de Santa María.
-
Mosteiro de Santa María.
-
Claustro.
-
Oleiro en Niñodaguia.
Parroquias editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Xunqueira de Espadanedo | |
---|---|
Niñodaguia (Santa María) | Os Pensos (San Pedro) | Ramil (San Miguel) | Xunqueira de Espadanedo (Santa María) |
Lugares de Xunqueira de Espadanedo editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xunqueira de Espadanedo vexa: Lugares de Xunqueira de Espadanedo.
Notas editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Xunqueira de Espadanedo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultado eleccións 2023". Consultado o 17 de xuño de 2023.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Xunqueira de Espadanedo". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-26.
- ↑ "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-26.
- ↑ "Instituto Nacional de Estadística. (National Statistics Institute)". ine.es. Consultado o 2021-05-26.
- ↑ "Xunqueira de Espadanedo, centro ceramista do sur de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2010. Arquivado 14 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ Artesanía na Ribeira Sacra[Ligazón morta]
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xunqueira de Espadanedo |
Ligazóns externas editar
- Xunqueira de Espadanedo na web de turismo da Ribeira Sacra (en castelán)
- Web do Concello de Xunqueira de Espadanedo
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |