Rairiz de Veiga
Coordenadas: 42°4′59″N 07°49′56″O / 42.08306, -7.83222
Rairiz de Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.767 en 2003).
Rairiz de Veiga | |
---|---|
Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | veiguense (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Limia |
Poboación | 1.216 hab. (2022)[2][3] |
Área | 72,39 km²[3] |
Densidade | 16,8 hab./km² |
Entidades de poboación | 8 parroquias[4] |
Política (2023 [5]) | |
Alcaldesa | Asunción Morgade (PSdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 2 PSdeG-PSOE: 5 |
Eleccións municipais en Rairiz de Veiga | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 93,49% |
Na rede | |
http://www.rairizdeveiga.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Demografía Editar
Censo total | 1.456 (2014) |
Menores de 15 anos | 80 (5,49 %) |
Entre 15 e 64 anos | 780 (53,57 %) |
Maiores de 65 anos | 596 (40,93 %) |

Evolución da poboación de Rairiz de Veiga Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
4.084 | 4.151 | 4.463 | 4.114 | 1.788 | 1.673 | 1.622 | 1.568 | 1.527 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía Editar
O concello ten unha superficie de 72,39 km², e abrangue 8 parroquias. Atópase na Limia Alta, a unha altitude entre 600 e 1000 m. Ocupa parte dos terreos antigamente anegados pola lagoa de Antela, conservándose algunhas charcas, como as Veigas da Ponte Liñares. As Veigas da Saínza, Ordes e Congostro forman unha valgada enchoupada, de pouca drenaxe. A zona está dentro da zona especial de conservación (ZEC) de Veiga de Ponteliñares[8][9]. Estas veigas adoitan ser zonas húmidas nas tempadas de choiva, permitindo unha grande riqueza biolóxica nos pastos e nas carballeiras. É por iso que está está incluída na Rede Natura 2000. Ademais forma parte da reserva da biosfera Área de Allariz. Alí atópase a carballa da Rocha.
Historia Editar
Na zona foron achados restos de palafitas, construcións propias de poboados á beira de lagos e lagoas feitas con madeira e barro, de planta circular e paramentos de cestería. Durante a cultura castrexa houbo asentamentos como o castro de Monte Albán (parroquia de Sabariz), escavado a comezos do s. XX por Florentino López Cuevillas e Vicente Risco, e onde apareceu un enxoval con numerosas pezas de cerámica campaniforme e outros materiais.
Quedou bastante pegada da romanización de Galicia, ao pasar por aquí a Vía Nova ou Vía XVIII do itinerario de Antonino entre Braga e Astorga, que cruzaba o río Limia na Ponte Pedriña.
Na idade media construíuse a Torre de Celme, da que non quedan restos. Xa na idade moderna construíronse o pazo de Santa María de Ordes, un conxunto de casas grandes e capela, na actualidade reformado. respecto á arquitectura relixiosa, a igrexa de Guillamil é de estilo románico. As de Lampaza e Rairiz de Veiga son do s. XVIII con portada renacentista. As de Candás, Congostro, Ordes e Sabariz son barrocas.
Durante o antigo réxime na xurisdición de Rairiz de Veiga impartían xustiza o Conde de Moctezuma (parroquias de Congostro e Ordes) e o Conde de Monterrei. O actual concello constituíuse coa división territorial de España en 1833.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Rairiz de Veiga.
Parroquias Editar
Lugares de Rairiz de Veiga Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rairiz de Veiga vexa: Lugares de Rairiz de Veiga.
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Rairiz de Veiga".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Veiga de Ponteliñares". Consultado o 18/10/2019.
- ↑ Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1130006 Veiga de Ponteliñares". Consultado o 18/10/2019.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rairiz de Veiga |