A Merca
Coordenadas: 42°13′23″N 07°54′19″O / 42.22306, -7.90528
A Merca é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE a súa poboación en 2018 era de 1.911 persoas (2.373 en 2003).
A Merca | |
---|---|
Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | merquense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Terra de Celanova |
Poboación | 1.966 hab. (2022)[2][3] |
Área | 51,0 km²[3] |
Densidade | 38,55 hab./km² |
Entidades de poboación | 12 parroquias[4] |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | José Manuel Garrido Sampedro (PPdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais na Merca | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 82,31% |
Na rede | |
http://www.amerca.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
PoboaciónEditar
Censo total[8] | 1.911 (2018) |
---|---|
Menores de 16 anos | 122 (6,38 %) |
Entre 16 e 64 anos | 1.001 (52.38 %) |
Maiores de 64 anos | 788 (41.23 %) |

Evolución da poboación da Merca Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
4.975 | 5.463 | 6.016 | 5.054 | 2.341 | 2.254 | 2.212 | 2.197 | 2.119 | 2.078 | 2.021 | 1.976 | 1.924 | 1.911 | 1.913 | 1.912 | 1.939 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
XeografíaEditar
O concello atópase na súa maior parte entre os 400 e 500 m de altitude. Está dividido á metade por unha pequena serra, prolongación do outeiro de Boa Madre e dos montes de Augas Santas e Cousa, que separan as cuncas dos ríos Miño e Arnoia. Os maiores cumios son o monte de Castrelos (645 m), Outeiro de Fontefría (561 m) e Alto de Rodela (510 m). Floracións deste cordón son tamén as altitudes do noroeste, como A Vaqueiriza (522 m), Labradas (602 m), Castro de Pereira (530 m), O Pozo (540 m) e As Picoñas (550 m). A Cota máxima sitúase na fronteira co concello de Allariz, nos montes do Barracel (856 m). Xeoloxicamente a zona setentrional ten unha orixe precámbrica e paleozoica.
ClimatoloxíaEditar
O concello aséntase nunha zona de transición climática entre o oceánico mediterráneo e o oceánico continental.
Os valores térmicos medios anuais oscilan arredor dos 12 °C no sur (a media mínima dáse en xaneiro con 6,5 °C, e a máxima en xullo con 19,2 °C) e de 15 °C no norte (media mínima en xaneiro de 6,9 °C e máxima en xullo de 22,9 °C). Na zona sur hai uns 120 días de choiva ao ano, cunhas cantidades de entre 1000 e 1500 mm. No norte a contía total non excede os 1000 mm anuais.
HidrografíaEditar
A rede hidrográfica organízase arredor dos ríos Barbaña e o Arnoia. O primeiro nace no Alto da Manchica e únese ao Miño en Ourense. O Arnoia inicia o seu percorrido no termo da Merca e, tras cruzar o canón do Muíño dos Mouros-Salpurido con fervenzas, comeza a escavar un val a partir de Rubillós. Recibe pola dereita os arroios dos Muíños, Seixoso, Covo e Portamosqueiro; e pola esquerda, o Fechiñas, Corvillón, Pardavedra e Entrambosríos.
HistoriaEditar
Ao longo do río Arnoia apareceron os máis antigos vestixios, como os castros da Peneda da Lebre (en alusión a unha ermida antiga, da que non existen restos, adicada a San Amaro, de onde procede unha imaxe conservada na Capela do Espírito Santo); o de Outeiro de San Marcos (situado na Mezquita, próximo a Compostela), o de Castro de Rodela (é o de maiores dimensións, e está situado en Faramontaos, entre os concellos da Merca e de Celanova) e o do Monte do Castro de Olás.[Cómpre referencia]
PatrimonioEditar
A igrexa de San Pedro da Mezquita foi declarada Monumento Nacional en 1931. Nas súas proximidades consérvanse sepulcros antropomorfos e un cruceiro de fuste estriado, decorado con figuras na parte central e descansando sobre o seu capitel un Cristo de gran tamaño.
A torre de San Pedro da Mezquita foi no pasado sede do señorío da Casa de Bragança, pero tras sufrir diversos derrubes e modificacións consérvase só a parte inferior.
No concello hai varias casas solariegas, destacando a Casa da Rapela en Salpurido (parroquia de Zarracós) e o pazo de Santa María de Olás de Vilariño, cunha solaina voada. Ademais, e como testemuña da súa antiga riqueza agrícola, o municipio dispón dun singular conxunto de canastros.
No Entroido da Mezquita os «galos» bailan polas rúas xuntándose cos «mecos» de Froxás das Viñas. Estes últimos presentan unha singular persecución co público asistente aos actos, mostrando unha vestimenta de gran riqueza cromática.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes da Merca.
ParroquiasEditar
Lugares da MercaEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Merca vexa: Lugares da Merca.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "A Merca".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 9 de xuño 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Merca". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Poboación segundo sexo e grandes grupos de idade da Merca
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Merca |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |