Igrexa de San Pedro da Mezquita

igrexa parroquial da Mezquita, no concello da Merca

A igrexa de San Pedro da Mezquita é un templo católico parroquial. Está situada na Mezquita (A Merca), e foi declarada Monumento Nacional en 1931. É de orixe románica (ten unha inscrición de 1202, malia que xa aparece citada no ano 986), con elementos de transición ao gótico.

Igrexa de San Pedro da Mezquita

Tipoigrexa Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°14′12″N 7°52′09″O / 42.2367, -7.8691
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense
ConcelloA Merca
ParroquiaA Mezquita Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-51-0000784
Wikidata ]

Características

editar

É de planta lonxitudinal e unha soa nave, con contrafortes e delimitada por unha imposta que percorre todo o edificio, baixo a que se atopa unha sucesión continua de modillóns que representan animais simbólicos (lobo, serpe), figuras antropomorfas e unha roseta. Remata nun piñón sobre o que se dispón un Agnus Dei e unha cruz antefixa co cordeiro mirando cara ao oeste, caso único en Galicia.

Na entrada no ángulo da cornixa e contrafortes hai dúas figuras: San Pedro, patrón, coa chave na man dereita, e a Virxe. Baixo os contrafortes unha loba dá de mamar os seus lobetos e un lobo devora un cordeiro. No segundo corpo da fachada ábrense dúas ventás superpostas; a inferior, entre a portada e o rosetón, é de arco de medio punto axadrezado, e a superior é un simple portelo sobre a cornixa. O rosetón está decorado con motivos florais da corrente santiaguesa. A portada sur, ademais de dúas ventás de arco de medio punto con capiteis, mostra dous leóns que apoian as súas patas dianteiras sobre un cordonciño dun canastiño, baixo o arco de descarga. A ábsida, dividida por altas columnas, con tres ventás e canzorros na cornixa, está cuberto por dous teitos de elementos desiguais que alteran as súas medidas en altura e anchura. A nave comunícase mediante un arco dobremente partido coa ábsida, na que se observan columnas truncadas baixo unha bovediña.

Galería de imaxes

editar