Vilar de Santos
Coordenadas: 42°5′8″N 7°47′48″O / 42.08556, -7.79667
Vilar de Santos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2017 tiña 850 habitantes (1.001 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilasantés».
Vilar de Santos | |
---|---|
![]() Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | vilasantés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Limia |
Poboación | 792 hab. (2022)[2][3] |
Área | 20,7 km²[3] |
Densidade | 38,26 hab./km² |
Entidades de poboación | 2 parroquias[4] |
Política (2023[5]) | |
Alcalde | Antonio Míguez Nogueiras (BNG[6]) |
Concelleiros | BNG: 6 PPdeG: 1 |
Eleccións municipais en Vilar de Santos | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 88,90% |
Na rede | |
vilardesantos.gal | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Poboación editar
Censo total | 850 (2017) |
---|---|
Menores de 15 anos | 64 (7.53 %) |
Entre 15 e 64 anos | 459 (54 %) |
Maiores de 65 anos | 327 (38.47 %) |

Evolución da poboación de Vilar de Santos Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
1514 | 1592 | 1792 | 1967 | 1004 | 991 | 942 | 922 | 923 | 922 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | {{{18}}} | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia editar
No territorio do concello consérvanse restos prehistóricos como mámoas e castros en Laioso, Mosqueiro, Vilar de Santos e Saa. Da pegada desa época consérvanse topónimos como Pedra da Anta, o Penedo da Moura ou A Cidá[8]. A arracada de Vilar de Santos, conservada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, é unha peza de ourivaría de ouro decorada con varios patos. Foi descuberta en 1924 por Benito Saburido en Albariño. Pasou a mans do cura párroco de Vilar de Santos, Marcelino Feiria, quen a vendeu ao Museo en 1979.[9] A zona estivo habitada pola tribo dos Límicos até a romanización de Galicia. Pola parte sur do concello cruzaba a Vía Nova do itinerario de Antonino, que unía Braga con Astorga. En Parada de Outeiro había unha vila romana.
Tanto a igrexa parroquial de Vilar de Santos como a de Parada de Outeiro conservan arquitectura románica. Durante o Antigo Réxime o territorio dependía da xurisdición de Sandiás. Vilar de Santos, Saá e As Casas da Veiga pertencían á Encomenda da Orde de Santiago, Parada ao señorío do Marqués de Malpica e Laioso ao señorío de Ozores e Soutomaior. En 1836, trala división territorial de España en 1833, constituíuse o concello de Vilar de Santos.
En 1992 inaugurouse o Museo Comarcal da Limia[10], na vella casa reitoral de Vilar de Santos. En 1998 creouse o Parque empresarial de Santa Marta, e tamén nesa época iniciouse a recuperación da aldea de Saa para o seu aproveitamento turístico. En 2005 Vilar de Santos foi recoñecido pola UNESCO como Reserva da biosfera Área de Allariz xunto cos concellos de Allariz, Rairiz de Veiga e A Bola[11].
O concello está atravesado pola estrada OU-531 entre Xinzo de Limia e Celanova, parte da antiga C-531.
Política editar
Desde o ano 2007 o alcalde é Xoán Xardón.
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Vilar de Santos.
-
Igrexa de Santa María de Parada de Outeiro.
Parroquias editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilar de Santos | |
---|---|
Parada de Outeiro (Santa María) | Vilar de Santos (San Xoán) |
Lugares de Vilar de Santos editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilar de Santos vexa: Lugares de Vilar de Santos.
Notas editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Vilar de Santos".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultado eleccións 2023". Consultado o 18 de xuño de 2023.
- ↑ "Alcaldias BNG". Consultado o 18 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Historia, na web do concello de Vilar de Santos.
- ↑ Rodríguez González, X. (2004):, Arracada de Vilar de Santos Arquivado 12 de maio de 2021 en Wayback Machine., peza do mes do Museo Arqueolóxico de Ourense.
- ↑ Museo da Limia, web oficial.
- ↑ Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, na web do concello de Vilar de Santos.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilar de Santos |
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |