C-531

antiga estrada comarcal galega

A C-531 era a denominación da antiga estrada comarcal que unía Xinzo de Limia e Vilagarcía de Arousa[1], cun percorrido de 151 km.

C-531
Tipoloxíaestrada comarcal
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude151 km
Localización
InicioXinzo de Limia  N-525 
FinVilagarcía de Arousa  N-640 
Fito miriamétrico 120 da estrada, en Ponte Caldelas.

Percorrido

editar

Atravesaba Celanova, Cortegada, A Cañiza, Ponte Caldelas e Pontevedra. A denominación de C-531 responde á nomenclatura utilizada nas estradas nacionais de España. Esta estrada encóntrase dividida nos seguintes treitos:

Provincia de Ourense (54,5 km)
  • OU-531: Xinzo de Limia - Cortegada (51,3 km)
  • OU-904 e tramo urbano de Cortegada (2,5 km)
  • OU-801: Cortegada - ponte sobre o río Miño (0,7 km)
Provincia de Pontevedra (97,5 km)
  • PO-400: Ponte sobre o Miño - Filgueira (1,1 km)
  • PO-406: Filgueira - A Cañiza (10,3 km)
  • N-120: A Cañiza - Petán (4,3 km)
  • PO-255: Petán - Ponte Caldelas (41,2 km)
  • PO-532: Ponte Caldelas - Pontevedra (14,2 km)
  • Tramo urbano de Pontevedra (2,2 km)
  • PO-531: Ponte da Barca - Baión (19 km)
  • N-640a: Baión - Vilagarcía de Arousa (3,9 km)
  • Tramo urbano Vilagarcía de Arousa (1,3 km)

Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera construíuse unha ponte de ferro e pedra para cruzar o río Miño entre Filgueira e Cortegada. Esta ponte foi anegada na década de 1970 polo encoro da Frieira, e construíuse a ponte actual e a variante correspondente.

  1. Secretaría General Técnica (1964). Mapa Oficial de Carreteras de España. Escala 1:400.000 (6ª ed.). Ministerio de Obras Públicas.