PO-531
estrada autonómica galega
A PO-531 é unha estrada autonómica que une Pontevedra con Baión (Vilanova de Arousa). Ten un percorrido de 19 km, e é un tramo da antiga C-531 que unía Xinzo de Limia con Vilagarcía de Arousa.
PO-531 | |
---|---|
![]() | |
Tipoloxía | estrada convencional C-80 |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Dimensións | |
Lonxitude | 19 km |
Localización | |
Inicio | Pontevedra, Ponte da Barca |
Fin | Baión |
Percorrido Editar
Parte da ponte da Barca, pasando pola Barca e O Vao (concello de Poio), Campañó e Alba (concello de Pontevedra), antes de internarse na parroquia de Curro (concello de Barro), onde se cruza coa AP-9 e conecta coa AG-41 (cara a Sanxenxo) e coa PO-300 (cara a Cambados).