VG-4.7
A VG-4.7 ou Variante de Vilagarcía de Arousa[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades do Carril (Vilagarcía de Arousa) e Baión (Vilanova de Arousa); atravesa os concellos de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Vilanova de Arousa. Ten unha lonxitude de 7,54 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-548 no Carril (Vilagarcía de Arousa) e finaliza nun cruzamento coa N-640 en Baión (Vilanova de Arousa).
VG-4.7 Variante de Vilagarcía de Arousa | |
---|---|
ID antigo | |
Identificador | |
Tipoloxía | Vía para automóbiles |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 7,54 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | PO-548 O Carril |
Fin | N-640 Baión |
Circulación | |
Tránsito | Rodado, non peonil |
Velocidade máxima | |
Restricións viarias | |
Concellos que atravesa
|
Percorrido
editarInicia na rotonda da estrada PO-548, na parroquia do Carril (concello de Vilagarcía de Arousa) coa dirección cara a norte a Catoira e outra cara a sur a Vilagarcía de Arousa, pasa por baixo da liña férrea do Eixe atlántico de alta velocidade, seguindo á ligazón da estrada PO-305 na parroquia de Cea (mesmo concello), coa dirección cara a oeste ao lugar dos Martices e outra cara a leste ao lugar de Sequeiros, pasa de novo por baixo da liña férrea do Eixe atlántico de alta velocidade e remata na rotonda da estrada nacional N-640 na parroquia de Baión (concello de Vilanova de Arousa) con direccións, un cara a oeste a Vilagarcía de Arousa, outro cara a sur a Pontevedra pola estrada PO-531 e outro cara a leste a Caldas de Reis.
Historia
editarAs primeiras obras iniciaron en xaneiro de 2007[3] foi inaugurado en 2 fases, en 2009, un entre O Carril e Cea (maio de 2009)[4][5] e outro entre Cea e Baión (xullo de 2009).[6] É a alternativa de evitar a travesía de Vilagarcía de Arousa rodeada a estrada nacional N-640 (incluíndo a variante desta devandita estrada).
Treitos
editarDenominación | Treito | Kms | Ano servizo |
---|---|---|---|
VG-4.7 | PO-548 O Carril - PO-305 Cea | 5 | 2009[4][5] |
VG-4.7 | PO-305 Cea - N-640 Baión | 2,5 | 2009[6] |
Notas
editar- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "El 2007 será el año de transición para resolver el colapso viario de Vilagarcía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2007.
- ↑ 4,0 4,1 "La circunvalación norte de Vilagarcía se inaugura con una modesta afluencia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2009.
- ↑ 5,0 5,1 "La variante norte de Vilagarcía se estrena con una discreta afluencia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2009.
- ↑ 6,0 6,1 "Cinco minutos de Bamio a Godos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2009.