Campañó, Pontevedra

parroquia civil do concello de Pontevedra

San Pedro de Campañó é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1892 habitantes (919 homes e 973 mulleres), 132 menos ca en 1999. Ten 31 entidades de poboación.

Campañó
igrexa parroquial
ConcelloPontevedra[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°27′51″N 8°39′50″O / 42.46416667, -8.66388889
Poboación1.892 hab. (2014)
Entidades de poboación31[1]
editar datos en Wikidata ]

Sitúase ao pé do monte Castrove, a tres quilómetros da cidade de Pontevedra. Por ela pasa o río Rons e a estrada PO-531.

Patrimonio

editar

É unha parroquia rica en restos arqueolóxicos, tras o achado de petróglifos e cerámicas. Nela hai un poboado castrexo, o castro de Campañó. Moitos cruceiros espállanse polo seu territorio, a meirande parte situados no antigo sitio de Bartram, durante o século XVI. A comezos do século XVII certas terras da parroquia foron aforadas polo arcebispo de Compostela, Maximiliano de Austria.

O templo é de orixe románica, pero reformouse no século XVIII. No interior presenta variada decoración e un gran retablo coa figura de San Pedro ao fondo; hai unha imaxe da Virxe do gótico do século XIV.

 
Campo de Agüeiros.

Na parroquia está o CEIP Parada, cuns 100 alumnos e alumnas, e o colexio privado Los Sauces. Ten diversas industrias, e na parroquia está o polígono industrial do Vao, lindeiro co concello de Poio. O campo de fútbol de Agüeiro acolle os partidos do equipo Campañó SD (camiseta dourada, pantalón negro e medias negras), que na tempada 2022-23 xogaba en 2ª Rexional.

Festividades

editar

Ao comezo do verán celébranse as festividades de San Pedro (29 de xuño) e de San Paio (30 de xuño). A Virxe das Dores celébrase os días 17 e 18 de setembro. O 12 de outubro, polo día do Pilar, tamén hai festa na parroquia, sendo a única que se celebra no lugar de Sabarís.


Lugares e parroquias

editar

Lugares de Campañó

editar
Lugares da parroquia de Campañó no concello de Pontevedra

Altabón | Barragáns | O Bispo | A Boca | Cabaleiro | O Cachapal | Campañó de Arriba | Carballiños | O Casal de Rei | Casal do Mendo | O Cochón | A Corredoira | Ferreiros | O Freixo | A Galiana | Moldes | Os Muíños | Parada | Pedreira | Piñeiro | O Ribeiro | Sabarís | Soutonovo | O Vao

Parroquias de Pontevedra

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar