Salcedo, Pontevedra
San Martiño de Salcedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 2123 habitantes (1027 homes e 1096 mulleres), 118 menos ca en 2004 (1161 mulleres e 1080 homes), distribuídos en 28 entidades de poboación.
Salcedo | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Salcedo. | |
Concello | Pontevedra[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°24′41″N 8°38′51″O / 42.41138889, -8.6475 |
Poboación | 2.041 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 20[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarNos barrios de Cabanas e A Esculca consérvanse varios petróglifos. Hai restos de poboados castrexos, como o castro das Croas. Foron atopados diversos miliarios da vía XIX do itinerario de Antonino[2].
Formou concello de seu xunto coa parroquia de Lourizán.
En decembro de 1936, durante a guerra civil española, foron asasinados varios veciños da parroquia pola Garda Cívica de Pontevedra[3].
Patrimonio
editarAmais da igrexa parroquial, outros edificios relixiosos son a capela de san Brais e a capela de san Breixo. A orixe desta última non está ben definida, aínda que é o gótico o estilo que predomina na parte máis antiga. O resto é do século XVIII.
O pazo do arcebispo Malvar, chamado Pazo da Carballeira de Gandarón, acolle na actualidade a sede da Misión Biolóxica de Galicia, dedicada á investigación científica e especializada no millo.
As festas máis importantes que se celebran nesta parroquia son o San Martiño, patrón da mesma, o 11 de novembro e Santa Rita, o 22 de maio.
Galería de imaxes
editar-
Regato dos Buratos.
-
Igrexa de Salcedo.
-
Torres da igrexa.
-
Placa na memoria dos labregos asasinados en 1894.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Pontevedra custodiará os dous miliarios de Salcedo" Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine., artigo en Galicia Hoxe
- ↑ "Morrer en Salcedo", artigo de Xosé Álvarez Castro no blog Pontevedra nos anos do medo, 10 de abril de 2008.
Lugares e parroquias
editarLugares de Salcedo
editarLugares da parroquia de Salcedo no concello de Pontevedra | |
---|---|
A Almuíña | A Armada | Birrete | Cabanas | O Campo da Porta | A Cancela | A Carballa | A Carballeira | O Carballo do Pazo | O Carramal | O Casal | A Costa | O Cruceiro | A Esculca | A Igrexa | Matalobos | A Muimenta | O Nabalexo | A Ruibal | O Xistro |