Castro das Croas

poboado fortificado en Salcedo, Pontevedra

Coordenadas: 42°23′49″N 8°39′03″O / 42.396944444444, -8.6508333333333

O castro das Croas é un poboado castrexo situado na parroquia de Salcedo, no concello de Pontevedra.

Castro das Croas
ParroquiaSalcedo
ConcelloPontevedra
ProvinciaPontevedra
Comunidade autónomaGaliza
Cronoloxía
Períodos de escavaciónescavado
Estado actualen escavación
Véxase tamén
Castros de Galiza

Descrición editar

O castro ten planta circular, limitada cara ao norte por unha fonte pendente cara ao río Batán. Accédese polo lado sur desde unha rampla de construción moderna, a carón da cal hai un cruceiro sen cruz. Conserva un muro cun forte desnivel nos lados leste e noroeste, cun foxo de dous metros acoutado por baixo muro. O recinto interior está divido en dous espazos a diferentes niveis.

É un asentamento antigo, da idade de ferro. Hai un petróglifo no centro da croa superior, cunha laxe redondeada cunha cruz labrada, dúas coviñas e dúas grafías non identificables.

En 1866 José Casal Lois recolleu a lenda da moura do monte das Croas, publicada na obra Galicia de Manuel Murguía e en Las leyendas tradicionales de gallegas de Leandro Carré Alvarellos.

Escavacións e afectacións editar

O castro está afectado cara ao oeste pola estrada PO-0012, e cara ao leste fixéronse recheos durante a construción da AP-9.

En 1993 o arqueólogo Antonio de la Peña Santos fixo varias prospeccións, descubríndose parte da muralla e dunha cabana. En agosto de 2014 iniciouse unha nova escavación, dirixida por Eduardo Méndez.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • De la Peña Santos, A. (2000): "Castro de As Croas (Salcedo, Pontevedra)". A Coruña: Brigantium: Boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, ISSN 0211-318X, Nº 12, páxs. 153-160.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar