Xosé Casal Lois

médico e escritor galego
(Redirección desde «José Casal Lois»)

Xosé Casal Lois, nado en Pontevedra o 16 de febreiro de 1845 e finado na mesma cidade o 17 de abril de 1912, foi un escritor e investigador galego.

Xosé Casal Lois
Nacemento1845 e 16 de febreiro de 1845
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento17 de abril de 1912
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e médico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou o Bacharelato no Instituto de Pontevedra e fíxose perito agrimensor. Despois pasou a Santiago de Compostela, onde cursou a carreira de Medicina, profesión que exerceu en Pontevedra até a súa morte. Colaborou en empresas culturais, foi fundador da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra da que exerceu moitos anos como vicepresidente, en estreita colaboración con Casto Sampedro, e despois como presidente. Presidiu tamén sociedades gremiais, recreativas e artísticas, entre elas o Orfeón Pontevedrés.

Dedicouse a recolleu datos de Meteoroloxía, Ciencias naturais, Arqueoloxía, Historia, traballou sobre a fala, os costumes, as tradicións, os monumentos e os camiños. Foi o primeiro investigador galego que realizou a monografía dunha parroquia, a de Salcedo. Colixiu un Cancioneiro Popular moi amplo. Anotou as novidades bibliográficas galegas, apañando follas soltas, folletos, xornais e todo xénero de impresos.

Desde datas moi temperás comezou a recollida e sistematización de datos, noticias e documentos (orais e escritos) das manifestacións literarias en galego. En 1865 colixiu unha Colección de Poesías Gallegas de diversos autores, que recolle cento vinte e unha composicións en galego de autores como Xoán Manuel Pintos, Domingo Díaz de Robles, Alberto Camino, Ramón Barros Sibelo, Marcial Valladares e Francisco Añón Paz, tomadas, na súa maioría, do Álbum de la Caridad (1862). Ese amplo cancioneiro popular foi a súa contribución máis destacada ao coñecemento da literatura galega do seu tempo.

Foi membro correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Foi tamén correspondente da Real Academia Galega, e foi proposto como membro de número por Manuel Murguía, Casto Sampedro e Eugenio Carré Aldao, mais non chegou a tramitarse a súa aceptación debido ao seu falecemento.

Obras editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar