Ramón Barros Sivelo

historiador e arqueólogo galego
(Redirección desde «Ramón Barros Sibelo»)

Ramón Barros Sivelo tamén escrito Ramón Barros Sibelo, nado en Santiago de Compostela en 1828 e finado no pazo de Romelle (Zas) en 1903, foi un historiador e arqueólogo galego.

Modelo:BiografíaRamón Barros Sivelo
Biografía
Nacemento1828 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte1903 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Romelle, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, arqueólogo, escritor Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 3848 BNE: XX1510594 BUSC: barros-sivelo-ramon

Traxectoria

editar

Funcionario de Facenda (axudante de camiños e visitador de papel selado) destinado en Ourense, polo menos entre 1854 e 1864. Colaborou en La Lira del Miño. Obtivo unha pensión da Real Academia para realizar o estudo da vía romana de Braga a Astorga, o que lle permitiu viaxar e percorrer o territorio, reunindo documentación para os seus estudos e pezas que remitiu á Academia. Correspondente da Real Academia da Historia, membro da Comisión de Monumentos de Ourense, foi membro da Academia de Ciencias de Portugal (18 de maio de 1862). Trasladado finalmente a Coruña, logo de varios intentos, foi director e propietario de El Eco Coruñés, e seguiu colaborando coa Academia. Despois foi vivir ao pazo de Romelle, do que foi administrador de 1872 a 1880.

Foi poeta en galego, sendo un dos autores seleccionados por Antonio de la Iglesia para o Álbum de la Caridad coa elexía “Desdichas do meu amor”; publicou outras composicións poéticas en galego. Xornalista e publicista, colaborou en publicacións galegas e madrileñas, destacando as súas colaboracións históricas en El Heraldo Gallego.

  • Diccionario epigráfico de arqueología y numismática, 1833 (inédito).
  • Galicia monumental, geográfica, estadística, histórica, eclesiástica y civil, Ourense, 1859.
  • Plano general y arqueológico, geográfico y diagramático de la tercera vía militar romana de Braga para Astorga, 1860 (premiado na Real Academia da Historia, inédito).
  • Apuntes arqueológicos de Galicia.
  • El Monte Medulio, A Coruña, 1863.
  • Las Puertas del Perdón en la Catedral de Orense, 1868 (manuscrito na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, inédito).
  • Crónicas de Orense. Episodios de la Edad Media, Ourense, 1875.
  • Antigüedades de Galicia, A Coruña, D. Puga, 1875 (A Coruña, Órbigo, 2006).

Recoñecementos

editar

Unha rúa de Ourense leva o seu nome.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Martínez Rodríguez, Ana Cruz (2010). "Ramón Barros Sibelo (1828-1903): aproximación biográfica". Boletín auriense (40): 23–54.