Zas
Zas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2020 tiña 4.393 habitantes[1] (4.902 no 2014, 5.295 no 2010, 5.674 no 2006, 5.780 no 2005, 5.867 no 2004, 5.978 no 2003). O xentilicio é zaseiro ou salense.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Zas | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.308 (2023) (32,23 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 133,68 km² | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | André Apóstolo | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Manuel Muíño Espasandín | ||||
Eleccións municipais en Zas | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15850 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15093 | ||||
Páxina web | concellodezas.org | ||||
Xeografía
editarSituación
editarLimita cos concellos de Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Vimianzo, Laxe e Cabana de Bergantiños. Aínda que non ten litoral, atópase na zona central da Costa da Morte. Ten unha forma alongada en dirección norte-sur. O cumio máis elevado é o Pico de Meda (567 m). Polo norte do concello pasa o río Grande, e polas parroquias do sur o río Xallas.
Parroquias de Zas |
---|
Demografía
editarPadrón municipal 2020 | 4.393 habitantes[1] |
---|---|
Menores de 15 anos | 336 (7,65 %) |
Entre 16 e 64 anos | 2.533 (57,66 %) |
Maiores de 65 anos | 1.524 (34,69 %) |
Evolución da poboación de Zas Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.691 | 6.275 | 8.004 | 7.329 | 5.867 | 5.385 | 5.219 | 5.109 | 4.983 | 4.902 | 4.846 | 4.756 | 4.671 | 4.581 | 4.472 | 4.393 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Cultura
editarToponimia
editarAmais do concello de Zas e da parroquia na que radica a súa capitalidade, Santo André de Zas, hai en Galicia outras dúas freguesías con ese nome: San Mamede de Zas (en Negreira) e San Xiao de Zas de Rei (en Melide).
Etimoloxía
editarSegundo a teoría máis estendida entre os investigadores, o actual nome de Zas procede do xermánico SALAS, plural de SALA (‘pazo, residencia principal’) e faría referencia a un asentamento humano. Esta forma evolucionaría a Saas, resultado dunha síncope do ele intervocálico tamén rexistrada noutros topónimos galegos actuais como Saa, Saamil ou Saavedra, e de aí, por contración do a duplo, converteríase en Sas (existen outros casos de Sas en Galicia, así como Sa, Samil ou Sasdónigas, de idéntica orixe). A escrita Zas respondería a unha ultracorrección do seseo explosivo propio das falas máis occidentais como a soneirense.[5][6]
Con todo, o filólogo Paulo Martínez Lema, na súa tese de doutoramento sobre a toponimia de Bergantiños, Nemancos, Soneira e Xallas no tombo de Toxos Outos propón unha etimoloxía fitonímica a partir do latino SALIX (‘salgueiro’) na súa declinación en ablativo SALICE, nun proceso análogo ao dos topónimos Saceda e Sacido.[7] Esta hipótese encontra sustento no feito de que a forma documentada máis antiga, nos séculos XII e XIII sexa Saz, na que non hai pegada do suposto hiato resultante da síncope da consoante lateral. Tamén apoia esta teoría a aparición dunha referencia ao nome da parroquia como “Sn Andres de Sauces” de 1745, cando a forma Zas xa se estaba impoñendo na escrita, que podería deberse a un coñecemento da etimoloxía pola parte do escribán. Para explicar a ortografía actual, Martínez Lema pensa no fenómeno da metátese (Saz>Zas) ou, de novo, por ultracorrección do seseo.[8][9]
Patrimonio
editarPatrimonio arqueolóxico
editarConsérvanse restos megalíticos de hai uns 5.000 anos, sendo a máis coñecida a Arca da Piosa, situada na parroquia de Muíño. Tamén se conservan algúns castros, coma o de Santo Adrián.
Patrimonio arquitectónico
editarAo sur do concello está a Ponte de Brandomil, da época medieval e construída segundo bases romanas.
Entre os moitos edificios relixiosos do concello, salienta a Igrexa de Gándara (románica), a Igrexa de Lamas (cunha ábsida renacentista e unha nave barroca), e a Igrexa de Zas (de 1540).
Pazos
editar- Torres do Allo, pazo do século XVI de estilo gótico-renacentista, na parroquia do Allo. O descoñecido arquitecto foi o mesmo que deseñou a fachada do Hospital Real de Santiago de Compostela. Salientan a fachada e as dúas torres.
- Pazo das Edreiras, do século XVII, no lugar das Edreiras, na parroquia de San Martiño de Meanos; conta cunha fermosa escalinata.
- Pazo de Daneiro, do século XVII, no lugar de Daneiro, na parroquia de San Cremenzo de Pazos, que salienta polo xardín e a hedra que cobre a súa fachada.
- Pazo de Follente, do século XVIII, no lugar de Follente, na parroquia de Mira, recentemente restaurado, salienta unha larga galería.[10]
- Pazo de Romelle ou Torres de Romelle, no lugar de Romelle, na parroquia de Loroño, do século XVI (reformado no XVIII).
Etnografía
editarZas conta co museo do liño, no que se poden ver as distintas fases do cultivo e fiado do mesmo: a sementeira en abril - a colla en xullo - o lagado e enxugado - o tascado e o espadelado - O rastreado - A fiadura - a lavadura do fío e o tecido. Trátase dun museo vivente onde se pode asistir a demostracións de fiado e tecido.[11]
Festas e celebracións
editarNa vila de Zas lévase a cabo o encontro de música folk da Festa da Carballeira, que en 2019 celebrou a súa XXXVI edición.[12]
Economía
editarZas susténtase nunha economía agrícola e gandeira, de explotacións minifundistas.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Zas.
-
Hórreos das Torres do Allo.
Lugares de Zas
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Zas vexa: Lugares de Zas.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-23.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 62. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-23.
- ↑ "Instituto Nacional de Estadística. (National Statistics Institute)". ine.es. Consultado o 2021-05-23.
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponimia de Galicia. Galaxia. ISBN 9788498650921.
- ↑ "Zas | Allos con bugallos". Portal das Palabras. Consultado o 2020-09-14.
- ↑ Martínez Lema, P. (2010): A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV), pp. 394-397. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
- ↑ Domínguez Rial, E. e Lema Suárez, X. Mª. (2017) Zas polo miúdo: ZAS, Santo André. pp. 6-9. Concello de Zas
- ↑ "O Seminario de Onomástica responde: Zas | Toponimia". toponimia.xunta.gal. Consultado o 2021-06-02.
- ↑ Merino, María (14 de xaneiro de 2011). "El rico patrimonio de Zas". Turismo en Pueblos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2015. Arquivado 16 de novembro de 2015 en Archive.is
- ↑ "Museo del lino" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2018. Arquivado 09 de setembro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Santi74bb. "XXXVI Festa da Carballeira (2019)". Festa da Carballeira de Zas. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-23.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zas |
Bibliografía
editar- Domínguez Rial, Evaristo; Lema Suárez, Xosé M.ª (2020). Zas polo miúdo (PDF). Concello de Zas.
Outros artigos
editar Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |