Mazaricos

concello da provincia da Coruña

Coordenadas: 42°56′10″N 8°59′29″O / 42.936111111111, -8.9913888888889

Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2018 tiña 3.885 habitantes (4.289 no 2014, 4.939 en 2009, 5.179 en 2007, 5.329 no 2006, 5.488 no 2005, 5.639 no 2004, 5.787 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mazaricán».

Mazaricos
Escudo de Mazaricos
Casa do concello.
Situación
Xentilicio[1]mazaricán
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Xallas
Poboación3.761 hab. (2022)[2][3]
Área187,3 km²[3]
Densidade20,08 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias[4]
Política (2019[5])
AlcaldeJuan José Blanco Riveiro (BNG[6])
ConcelleirosBNG: 6
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 0
Outros: ESCO: 1
Eleccións municipais en Mazaricos
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes96,42%
Na rede
www.mazaricos.gal
Facebook: concello.demazaricos Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Demografía Editar

Censo Total (Habitantes) 4.289 (2014)
Menores de 15 anos 308 (7.18 %)
Entre 15 e 64 anos 2.573 (60 %)
Maiores de 65 anos 1.408 (32.83 %)
Evolución da poboación de Mazaricos   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
6.036 6.769 7.183 6.757 5.639 4.533 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Situación Editar

Mazaricos áchase preto do mar, mais non chega a el —antes están os estreitos concellos de Carnota e Dumbría—. O río Xallas, que lle chega desde Santa Comba, constitúe a fronteira norte do concello, separándoo de Dumbría. A chaira con suaves ondulacións que é o seu territorio, féchase no oeste por pequenas serras (montes de Ruña ou serra de Guián) que se prolongan cara ao sur ata o Macizo do Pindo). Cara ao Xallas flúen varios ríos, como o Arcos, o Beba e o Mazaricos, estes dous no mesmo val. Os da parte leste e sur, como o Santabaia, que son máis pequenos, desembocan na ría de Muros e Noia. O Xallas está represado no encoro da Fervenza, o de Ponte Olveira, o de Castrelo e o de Santa Uxía, antes de desembocar no mar os sábados á noite e os domingos á mañá.

A oscilación térmica anual é de 10 °C, e a temperatura media é agradábel (14 °C). As precipitacións son abundantes (1.500-2.000 mm).

A poboación é dispersa. As principais localidades do concello son A Picota, O Pino de Val e Asenso.

Historia Editar

Na zona abundan os restos megalíticos. A primeira referencia escrita é do século IX, con motivo dunhas doazóns feitas polo conde Alvito. Nalgún lugar próximo ao monte Pindo erguíase o castelo de Penafiel, propiedade de Alonso Suárez de Deza, que foi confiscado e derrubado debido á súa posíbel implicación na morte do arcebispo Suero Gómez de Toledo. Así mesmo, no lugar de Monteagudo atópase en situación ruinosa o castelo de Brandufe, tamén coñecido como castelo Grande.

Economía Editar

Case a metade da poboación dedícase ao sector primario en pequenas parcelas destinadas ao autoconsumo. A gandería ten especial relevancia. Existen grandes zonas boscosas, aínda que minguadas debido aos incendios de 1978, 1979 e 2006, de piñeiros, frondosas e eucaliptos.

Cultura Editar

Os megálitos máis destacados son as mámoas de Eirón, o dolmen de Parxubeira e a necrópole de Monte de Embaixo. Polo concello pasou unha vía romana, da que hai restos en Arcos. A Casa de Arcos, pertencente aos Mariño de Lobeira, mostra o seu escudo na fachada (unha serea e ondas), xunto cos símbolos dos Lobeira (un lobo e estrelas) e os dos Dacosta (bordóns e ovellas).

Galería de imaxes Editar

Parroquias Editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mazaricos

Alborés (San Mamede) | Antes (San Cosme) | Arcos (Santiago) | Beba (San Xián) | Chacín (Santa Baia) | Coiro (Santa María) | Colúns (San Salvador) | Corzón (San Cristovo) | As Maroñas (Santa Mariña) | Mazaricos (San Xoán) | San Fins de Eirón (San Fins) | Os Vaos (San Tomé)

Lugares de Mazaricos Editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mazaricos vexa: Lugares de Mazaricos.

Notas Editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Mazaricos".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  6. Concello de Mazaricos na FEGAMP
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar