Mazaricos, Mazaricos

parroquia civil do concello de Mazaricos

Coordenadas: 42°56′24″N 8°59′37″O / 42.9399282, -8.993623

San Xoán de Mazaricos é unha parroquia vinculada o Camiño De Santiago, que se localiza no centro do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2018 tiña 577 habitantes (292 mulleres e 285 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 738 habitantes.

Mazaricos
Mazaricos 04.jpg
Igrexa de San Xoán de Mazaricos.
ConcelloMazaricos[1]
ProvinciaA Coruña
Poboación577 hab. (2018)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

No 2009 estiveron a realizar unha obras de rehabilitación na igrexa de San Xoán de Mazaricos. Durante as obras, promovidas polo arcebispo de Santiago, apareceron os restos dun antigo templo baixo o chan do edificio.

O arqueólogo Ángel Concheiro, que acudiu a inspeccionar os achados, concluíu que a antiga construción data do século IX ou X

Os restos consistían en muros de metro e medio de ancho, pertencentes a unha construción de planta basílica con cabeza cadrada. Segundo o Ministerio de Cultura, foi un achado importante, xa que deu lugar á relación de Mazaricos con Compostela na Idade Media, cidade á que está ligada polo Camiño De Santiago. Por iso decidiuse manter as paredes no seu lugar natural, aínda que estivesen cubertas cun material xeotéxtil.

https://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/hallan-mazaricos-restos-antiguo-templo/idEdicion-2009-01-24/idNoticia-388111/

Igrexa vinculada o Camiño de Santiago

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de MazaricosEditar

Lugares da parroquia de Mazaricos no concello de Mazaricos (A Coruña)

Atán | Insua | Lago | Mazaricos | A Picaraña | A Picota | Pidre | Serráns | Ventín

Parroquias de MazaricosEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mazaricos

Alborés (San Mamede) | Antes (San Cosme) | Arcos (Santiago) | Beba (San Xián) | Chacín (Santa Baia) | Coiro (Santa María) | Colúns (San Salvador) | Corzón (San Cristovo) | As Maroñas (Santa Mariña) | Mazaricos (San Xoán) | San Fins de Eirón (San Fins) | Os Vaos (San Tomé)

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.