Abrir o menú principal

Antes, Mazaricos

parroquia civil do concello de Mazaricos

Coordenadas: 42°59′46.11″N 8°54′42.83″O / 42.9961417, -8.9118972

Antes
Igrexa de San Cosme, Antes, Mazaricos, Coruña 3.JPG
Igrexa de San Cosme no lugar de Cumbráns.
ConcelloMazaricos
Poboación312 hab. (2018)
Entidades de poboación4

San Cosme de Antes é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Mazaricos. Segundo o IGE[1] en 2018 tiña 312 habitantes (162 mulleres e 150 homes), 155 menos ca en 199. Ten catro entidades de poboación.

XeografíaEditar

Consta de 4 lugares, Cumbráns, Grille, Pazos e A Xunqueira.

O río Xallas percorre esta parroquia servindo de fronteira con outras parroquias como a de San Cristovo de Mallón, San Xoán de Grixoa, no concello de Santa Comba, e San Pedro de Brandomil no concello de Zas.

ServizosEditar

Posúe un colexio de educación primaria no centro da parroquia que está en actual funcionamento.

SímbolosEditar

No adro desta parroquia atópase o seu símbolo máis coñecido, un carballo centenario partido pola metade por un raio. Esta parroquia é o lugar de orixe do "sancosmeiro", un sombreiro de palla trenzada e cosida que servía para traballar no campo.

FestasEditar

Nesta parroquia celébranse seis festas, o 19 de marzo, o San Xosé, o 30 de maio, o Santo Antonio, o 20 de agosto, o San Bernardo, o 7 de setembro, o Santísimo Sacramento, o 8 de setembro, a Nosa Señora do Rubín e o 26 de setembro os seus patróns San Cosme e San Damián.

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar