Grille, Antes, Mazaricos

lugar da parroquia de Antes, no concello de Mazaricos

Grille é un lugar da parroquia de Antes, no concello coruñés de Mazaricos, na comarca do Xallas. Sitúase na zona leste da parroquia e segundo o IGE[1], en 2018 tiña 61 habitantes (25 homes e 33 mulleres).

Grille
ParroquiaAntes
ConcelloMazaricos
Poboación61 hab. (2018)
editar datos en Wikidata ]

Etimoloxía editar

Da Idade Media hai testemuños de cinco variantes: Girrili (1252), (Thome de) Girrilo (1252), Girrilli (1252), (Tome de) Guirille (1252) e Guirrille (1289). Paulo Martínez Lema, propuxo como posíbel base etimolóxica o antropónimo xermánico Berildĭ (tema *ber, relacionábel con *bera(n) 'oso', *baira 'xabarín' ou ben con *beran 'levar, traer') / Uerildĭ (-ildi < hildi 'loita, combate'), documentado en Celanova baixo a forma Berildi (871, 926), no Tombo de Sobrado como Berilli (955) e Berili (964) como nome de muller. A súa evolución sería Uerildĭ > *Güirille > *Guirille > Grille (síncope da vogal pretónica [i]).[2]

Lugares e parroquias editar

Lugares de Antes editar

Lugares da parroquia de Antes no concello de Mazaricos (A Coruña)

Cumbráns | Grille | Pazos | A Xunqueira

Parroquias de Mazaricos editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mazaricos

Alborés (San Mamede) | Antes (San Cosme) | Arcos (Santiago) | Beba (San Xián) | Chacín (Santa Baia) | Coiro (Santa María) | Colúns (San Salvador) | Corzón (San Cristovo) | As Maroñas (Santa Mariña) | Mazaricos (San Xoán) | San Fins de Eirón (San Fins) | Os Vaos (San Tomé)

Notas editar

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 24 de abril de 2021. 
  2. "Aproximación lingüístico-etimolóxica á toponimia das comarcas de Xallas, Fisterra e Soneira". Revistas UCM. Consultado o 17 de xuño do 2016.