Mariño de Lobeira
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A familia Mariño de Lobeira é unha liña orixinal da Illa de Sálvora, na ría de Arousa. A súa orixe e liñaxe reside nos séculos XI e XII como rama colateral da Casa de Traba.
Orixe lendaria
editarO apelido orixinal é Mariño, procedente da illa de Sálvora.[Cómpre referencia] Foi orixinado por Xoán Froila, descendente de Pedro Froila de Trava. Segundo a lenda era Conde-Duque de Valadares, e logo de naufragar na illa de Sálvora foi rescatado pola serea Dona Mariña.
Os dous casaron e concibiron un fillo chamado Xoán Froilaz Mariño (1200 - c. 1250), personaxe que se atopa rexistrado na historia de Galicia e que testou en Pontevedra. Foron unha familia poderosa, construtora do castelo de Vimianzo e do Castelo de Serra de Outes, así como doutras fortalezas e pazos.[Cómpre referencia]
A súa ascendencia rexístrase como romano-visigótica, xa que descendían do rei visigodo Vitiza (rei entre 694 e 710) e de Cixillo Balthes.[Cómpre referencia]
As liñaxes creadas por esta familia estendéronse ata América e Filipinas.
Personaxes Mariño (de Lobeira)
editar- Pedro Mariño de Lobeira (1528[Cómpre referencia]-1594), conquistador, explorador e escritor. Desembarcou en América e radicouse en Chile. Ten descendentes en Chile e o Perú.
- Pedro Mariño de Lobeira Lemos (1618-1649)
- Fernando Antonio Mariño de Lobeira e Andrade, morgado do anterior e señor da Serra de Outes, posteriormente Marqués da Serra en 1693 e Viceconde de Albeos
- Antonio Mariño de Lobeira e Andrade (n. 1640[Cómpre referencia]), I Marqués de Mariño e casado con Inés Enríquez de Monroy, e despois con Teresa Sarmiento Quirós Soutomaior
- Fernando Pablo Mariño de Lobeira Quirós, fillo de Fernando Antonio, tamén Marqués da Serra e Viceconde de Albeos, casou en 1705 con Isabel Nieto, condesa de Guaro e do Arco
- Fernando Pablo Mariño de Lobeira Nieto (n. 1712), fillo do anterior, Marqués da Serra, Viceconde de Albeos, conde de Guaro e do Arco, casado con María Juana Micaela Pardo de Figueroa
- María del Rosario Mariño de Lobeira e Pardo de Figueroa (n. 1743), a maior das catro fillas do anterior, Marquesa da Serra e de Villafiel, condesa de Guaro e do Arco, casada con Antonio Patiño en 1751
- Ramón Patiño Mariño de Lobeira, fillo da anterior, nado xa fóra de Galicia
- María del Rosario Mariño de Lobeira e Pardo de Figueroa (n. 1743), a maior das catro fillas do anterior, Marquesa da Serra e de Villafiel, condesa de Guaro e do Arco, casada con Antonio Patiño en 1751
- Fernando Pablo Mariño de Lobeira Nieto (n. 1712), fillo do anterior, Marqués da Serra, Viceconde de Albeos, conde de Guaro e do Arco, casado con María Juana Micaela Pardo de Figueroa
- Fernando Pablo Mariño de Lobeira Quirós, fillo de Fernando Antonio, tamén Marqués da Serra e Viceconde de Albeos, casou en 1705 con Isabel Nieto, condesa de Guaro e do Arco
- Jerónimo Mariño de Lobeira y Sotomayor, Capitán de terzos españois orixinario de Pontevedra. Ten descendentes en Colombia, parte de Venezuela e Ecuador.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lorenzo Rodríguez, Abel (2019). "Hijos del Mar. La sirena en el mito fundacional de los Mariño (siglos XIV-XVII)" (PDF). Cuadernos de Estudios Gallegos (en castelán) (Santiago de Compostela: Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC)) LXVI (132): 177–201. ISSN 0210-847X. doi:10.3989/ceg.2019.132.06.
Ligazóns externas
editar- A pegada dos Mariño en Fisterra finisterrae.org
- Os Mariño de Lobeira Arquivado 27 de setembro de 2013 en Wayback Machine. xenealoxia.org
Outros artigos
editar- Casa de Lobeira (sen relación directa)