Carnota
Coordenadas: 42°49′16″N 09°05′16″O / 42.82111, -9.08778
Carnota é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 4.376 habitantes (4.938 no 2009, 5.017 no 2007, 5.112 no 2006, 5.244 no 2005, 5.285 no 2004, 5.421 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carnotán[8].
Carnota | |
---|---|
![]() Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | carnotán/carnotá |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Muros |
Poboación | 3.845 hab. (2022)[2][3] |
Área | 70,9 km²[3] |
Densidade | 54,23 hab./km² |
Entidades de poboación | 5 parroquias[4] |
Capital do concello | Carnota |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Juan Manuel Saborido Rama (PSdeG-PSOE[6]) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 5 |
Eleccións municipais en Carnota | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 88,88% |
Na rede | |
concellodecarnota.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Censo Total (Habitantes) | 4.376 (2014) |
Menores de 15 anos | 348 (7.95 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.492 (56.95 %) |
Maiores de 65 anos | 1.536 (35.10 %) |

Evolución da poboación de Carnota Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
5.507 | 6.594 | 7.196 | 7.213 | 5.285 | 4.605 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
XeografíaEditar
O concello ten 70,9 km2, e abrangue 5 parroquias. Ocupa unha estreita franxa costeira entre os montes da serra de Outes ao leste (límite co concello de Mazaricos) e a costa do océano Atlántico ao oeste. Limita ao norte co concello de Dumbría a través da desembocadura do río Xallas e o monte Pindo, e ao sur co concello de Muros a través da punta Lens, nas inmediacións do Ancoradoiro. O seu centro administrativo e a casa do concello atópanse no núcleo de Carnota, dentro da parroquia de Santa Comba de Carnota.
Desde a súa creación, a estrada C-550 (de Fisterra a Tui) é a principal rota de comunicación. Na actualidade, coa mellora da estrada de Santa Comba a Muros, esta última converterase na vía principal con Santiago de Compostela.
O concello marca a transición entre as rías Altas e as rías Baixas e é, segundo algúns, o derradeiro polo sur da costa da Morte.
A parte norte, a partir de Caldebarcos, é pedregosa e vai subindo cara O Pindo, que no extremo norte cae sobre o mar desde unha grande altura. Os montes do Pindo esténdense entre a desembocadura do Xallas e o Valdebois. Este macizo montañoso atinxe a súa maior altura na monte Pindo (627 m), desde a que se poden albiscar as torres da catedral de Santiago. Existen numerosas lendas relacionadas con estes montes, chamados "O Olimpo Celta". Ao sur predominan as praias. A praia de Carnota pasa, cos seus case sete quilómetros, por ser a máis longa de Galiza. Parte deste espazo natural está protexido dentro da Rede Natura 2000 e conta con dunas móbeis, semi-móbeis e fixas. O relevo érguese rapidamente cara o interior, chegando aos 503 m no lugar de Adraño.
O clima é oceánico húmido, con temperaturas suaves de 14-15 °C anuais e precipitacións abondosas entre 1.500 e 2.000 mm anuais.
HistoriaEditar
Existen mámoas e castros que indican que a zona foi poboada desde antigo. O castro de Mallou é unha acrópole fortificada da idade de ferro. O castro de Miñarzos está na actual vila de Lira, polo que está moi alterado.
Na Idade Media pertenceu aos condes de Trastámara e de Lemos e formou parte do antigo condado de Cornatum. Coa Gran Guerra Irmandiña de 1467 desapareceron as fortalezas. Hai restos de catro fortificacións:
O castelo de Penafiel, situado sobre o monte e a fervenza do Ézaro, foi derrubado durante a Gran Guerra Irmandiña. Era un castelo roqueiro, cunha serie de construcións e aterrazamentos nun penedo de difícil acceso. Na súa base hai unha inscrición de excomuñón, o que podería remontar a súa existencia cando menos ao século XII
O castelo de Pindo Central é unha gran fortificación na zona máis alta do Monte Pindo. Nela había unha capela.
O castelo de San Xurxo está nunha penichaira do monte Pindo, no camiño natural entre o arco de Carnota e as aldeas do Ézaro e o Pindo. Foi construído no século X polos prelados da Catedral de Santiago de Compostela, e pertenceu á Mitra de Santiago, á monarquía e a nobres feudais.
O castelo de Canedo (Canetum, ou Bico do Santo) é outra fortificación episcopal do século X. Tamén tiña unha capela, destruída segundo a tradición oral polo exército francés.
O lugar da capital, Carnota, naceu no século XVII. No século XIX foi saqueada polos franceses na Guerra de Independencia española.
Monumentos e turismoEditar
Carnota é coñecida sobre todo polos hórreos ("cabaceiras") de Carnota (Monumento Nacional) e Lira, que compiten por seren os máis grandes de Galiza.
A igrexa de Carnota (Santa Comba) é barroca, ten planta de cruz latina e tres naves lonxitudinais. A de San Mamede é neoclásica, e conta cun retablo do século XVIII, obra do escultor J. Ferreiro.
O bico do Santo, situado no lugar de Pedrafigueira, é un picacho en cuxo cumio houbo unha ermida dedicada a San Sebastián.
Na praia de Carnota o areal mide sete quilómetros. As dunas son o produto do insistente vento do noroeste. A zona de marismas divídese en dúas partes: Caldebarcos, ao norte e A Lagoa ao sur. Sepáranas Punta Larada, que tamén divide as praias de Carnota estrita e a de San Mamede (A Berberecheira).
A praia de Boca do Río, onde desemboca o río Valdebois, é moi popular entre os veraneantes. De feito, a revista alemá Traum Strände considéraa unha das praias máis fermosas do mundo.
FestasEditar
- O 1 de xaneiro celebrase a festa popular de San Gregorio con gran prestixio na comarca.
- A comezos de agosto, celébrase a Festa de San Mamede, en honor ó patrón municipal.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Carnota.
ParroquiasEditar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota | |
---|---|
Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba) |
Lugares de CarnotaEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carnota vexa: Lugares de Carnota.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Carnota".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Resultados eleccións municipais de 2019
- ↑ Saborido se convierte en el primer alcalde socialista de Carnota
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carnota |
Ligazóns externasEditar
- Páxina web do Concello de CarnotaArquivado 24 de xuño de 2009 en Wayback Machine.