Outes
Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2021 tiña 6.150 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O xentilicio é «outés» ou «outense».[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | A Serra de Outes | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.082 (2023) (61 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 99,7 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Manuel González López (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Outes | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15230 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15062 | ||||
Páxina web | outes.gal |
Xeografía
editarOutes ten unha superficie de 99,74 km², e abrangue 11 parroquias. Limita ao norte con Mazaricos e Negreira, ao sur co río Tambre (e a súa desembocadura na ría de Muros e Noia), ao leste con Noia e ao oeste con Muros. A capital municipal está na Serra de Outes.
Ten unha elevada altitude media, con cinco cumios que roldan os 500 metros de altitude, sendo o monte Tremuzo o punto máis alto.
Outes conta cun clima oceánico húmido debido á proximidade do océano Atlántico. As precipitacións son maiores durante os meses de novembro a marzo, pero no verán soben as temperaturas e as choivas son escasas debido á presenza case constante do anticiclón dos Azores.
Historia
editarO territorio de Outes foi habitado desde tempos remotos, como testemuñan os restos de megálitos, petróglifos e poboados castrexos. Trala romanización de Galicia e a chegada dos suevos, na Idade Media a zona sufriu ataques de viquingos e piratas musulmáns. O arcebispo Diego Xelmírez equipou unha frota para combatelos.[2]
Economía
editarNa economía de Outes destaca o sector primario (pesca, marisqueo, gandería e agricultura), pois dende séculos atrás as actividades agropecuarias veñen ocupando a maior parte da poboación activa. Respecto á gandería, actualmente hai varias explotacións de coellos e ovellas, sendo máis importantes as explotacións de gando vacún, dedicadas á produción de leite e carne. O sector pesqueiro concéntrase en boa medida nos peiraos de Freixo e San Cosme.
O sector secundario tamén ten certo peso, destacando catro sectores na produción industrial: serradoiros, estaleiros, formigón e construción.
Demografía
editarA cifra máis alta de poboación acadouse a mediados do século XX, en 1950, con 11.303 habitantes. Posteriormente foi descendendo a un ritmo do 7 % cada década, debido primeiro ao aumento da emigración cara a outros países de Europa, e despois aos EUA e as illas Canarias, tendo 9.968 habitantes en 1970. Na actualidade a cifra de habitantes segue a descender cada ano.
Censo total 2014 | 6.804 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 578 (8.49 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.974 (58.41 %) |
Maiores de 65 anos | 2.256 (33.16 %) |
Evolución da poboación de Outes Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
9.160 | 10.025 | 11.303 | 10.128 | 8.050 | 7425 | 7243 | 7.192 | 7.010 | 6804 | 6691 | 6606 | 6514 | 6412 | 6282 | 6155 | 6150 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Cultura
editarO poeta Francisco Añón, un dos precursores do Rexurdimento galego, era da aldea de Boel.[3] Entre outras actividades, o concello organiza anualmente o Certame de Poesía Francisco Añón.[4] A súa irmá foi Nicolasa Añón, e hai uns anos[cando?] atopáronse uns manuscritos con poemas da súa obra e a Asociación Cultural Terra de Outes publicou un libro profundizando na súa historia.[5]
No 1905 nace Arximiro Suárez, un destacado mestre e pintor da comarca.
O sombreiro de labranza sancosmeiro, orixinario da parroquia de Santo Ourente de Entíns, é un símbolo de identidade do municipio.[6] Durante moitos anos o maior galardón entregado polo concello era o Sancosmeiro de Ouro, un certame anual que escollía o premiado no pleno municipal.[7]
Festas grandes das parroquias
editarParroquia | Onomástica | Data |
---|---|---|
Tarás | San Xián | 9 de xaneiro |
Cando | San Tirso | 28 de xaneiro |
Roo | San Xoán | 24 de xuño |
Outes | San Pedro | 29 de xuño |
Matasueiro | San Lourenzo | 10 de agosto |
Entíns | Santa María | 15 de agosto |
Santo Ourente de Entíns | Santo Ourente | 26 de agosto |
San Cosme de Outeiro | San Cosme | 27 de setembro |
Valadares | San Miguel | 29 de setembro |
Freixo de Sabardés | San Xoán Evanxelista | 27 de decembro |
Festas do concello
editarNome da festa | Tipo | Data | Descipción |
---|---|---|---|
Santiaguiño | Festa grande do concello | 25 de xullo (Adoita comezar antes) | |
San Cristovo | Festa municipal | Domingo mais próximo ao día do Apóstolo. | Festa con gran valor tradicional no concello. Desfile de vehículos engalanados e sardiñada popular. |
San Campio | Romaría | 29 de setembro | Unha das romarías mais famosas da zona. A tradición conta que o santo axuda ás persoas con enfermidades nerviosas ou mentais (mal cativo) ou o demo metido no corpo. |
Pampallín | Festa tradicional/Verbena | 30 de abril | Unha das festas que quizais sexan mais ancestrais aínda que ultimamente non se conserve debidamente a tradición. Unha festa de fertilidade para a colleita e que xira arredor do poder do lume. |
Festa da vitalla | Irmandamento con Boticas | Primeira quincena de setembro | Cociñeiros do pobo irmandado veñen á horta do muíño a preparar carne de becerro asado. |
Amencer Musical de Broña | Festival musical | Primeiro sabado de agosto |
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Outes.
-
Siavo, O Freixo de Sabardes, Outes
-
"Marea da Serra" (Forma parte do LIC Esteiro do Tambre)
-
Avd do Rocío (Estrada AC-550)
-
Peirao, con néboa, do O Freixo de Sabardes, Outes.
-
Estaleiros no O Freixo de Sabardes, Outes.
Parroquias
editarLugares de Outes
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Outes vexa: Lugares de Outes.
Notas
editar- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 56. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Illa da Creba na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "Turismo de Outes". www.outesturismo.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-09.
- ↑ "Certame de Poesía Francisco Añón | ::Axenda cultural AELG::". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 2018-10-10.
- ↑ Vicente Abelleira Cambeiro (2014-06-12). "Terra de Outes-Presentación do libro de poesías de Nicolasa Añón". Consultado o 2018-10-10.
- ↑ "Turismo de Outes". www.outesturismo.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-10.
- ↑ "Las asociaciones parroquiales de Outes recibirán el San Cosmeiro de Ouro". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-06-30. Consultado o 2018-10-10.
- ↑ "Turismo de Outes". www.outesturismo.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-09.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Outes |