Matasueiro, Outes
San Lourenzo de Matasueiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 213 habitantes (98 homes e 115 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.
Matasueiro | |
---|---|
Retablo pétreo na igrexa parroquial de San Lourenzo. | |
Concello | Outes |
Poboación | 213 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 7 |
O lugar de Matasueiro atópase a 5 km da capital do concello, A Serra, en dirección Pino do Val (Mazaricos), a carón do río Entíns.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de MatasueiroEditar
Lugares da parroquia de Matasueiro no concello de Outes (A Coruña) | |
---|---|
O Barco | O Bargo | A Carreira | A Famelga | Lourido | Mastontán | A Torre |