Outes, Outes
San Pedro de Outes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Outes na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 677 habitantes (317 mulleres e 360 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación[2].
Outes | |
---|---|
![]() A rúa da Vila na Serra de Outes. | |
![]() | |
Concello | Outes[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°51′01″N 8°55′42″O / 42.8504, -8.9283Coordenadas: 42°51′01″N 8°55′42″O / 42.8504, -8.9283 |
Poboación | 677 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 20[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A capital do concello de Outes, áchase no lugar desta parroquia da Serra de Outes, única entidade de poboación do concello con categoría de entidade singular (urbana).
Patrimonio Editar
A Igrexa parroquial de San Pedro foi construída a principios do século XVIII polo marqués da Sierra. De planta de cruz latina posúe catro altares laterais e o altar maior.
Lugares e parroquias Editar
Lugares de Outes Editar
Lugares da parroquia de Outes no concello de Outes (A Coruña) | |
---|---|
Berres | Boel | Cambeiro de Abaixo | Cambeiro de Arriba | A Carballa | Carleo de Abaixo | Carleo de Arriba | O Castelo | O Couto | Cures | Lantarou | Lucil | Mirás | Moledo | Outes | Sande de Abaixo | Sande de Arriba | A Serra de Outes | O Vilar de Outes | Vista Alegre |
Parroquias de Outes Editar
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ No Nomenclátor da Xunta de Galicia Arquivado 04 de abril de 2014 en Wayback Machine., A Serra de Outes figura como un lugar desta parroquia. Porén, no nomenclátor do Instituto Galego de Estatística Arquivado 30 de decembro de 2020 en Wayback Machine. figura como unha entidade singular de poboación (pola súa poboación e polo seu carácter urbano) pero sen a consideración de parroquia. Xa que logo, os datos da poboación desta parroquia veñen da suma das poboacións da parroquia de Outes e da entidade singular da Serra de Outes, que se reflicten no nomenclátor do IGE.