Cando, Outes

parroquia civil do concello de Outes

San Tirso de Cando é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Outes. Segundo o IGE en 2018 tiña 709 habitantes (349 mulleres e 360 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación.

Cando
Churche of San Tirso de Cando, Cando, Outes, A coruña.jpg
Igrexa de San Tirso de Cando.
ConcelloOutes
Poboación709 hab. (2018)
Entidades de poboación16
editar datos en Wikidata ]

TerritorioEditar

En canto a extensión, e unha das parroquias máis grandes do concello de Outes. Está separada do concello de Noia polo río Tambre.

Existen varias pontes que atravesan o río, como a Ponte Colgante, na central hidroeléctrica; a Pontenafonso e a Ponte de Ceilán.

As entidades de poboación existentes na parroquia son:

Toxeira (a parte outiense de Pontenafonso)

Está ubicada entre a Ponte e o paseo fluvial da localidade. Ten todos os bares da parroquia dende xaneiro de 2018, cando cerrou o Bar Fernando, en Cando de Arriba. En toxeira tamén se teñen celebrado varias competicións de piragüismo organizadas polo club Taxamar.

Corga

Esténdese pola ribeira do último quilómetro do río Donas antes da súa desembocadura. Neste pobo está o supermercado Bonsai, o único da parroquia.

Villardigo

É a aldea desta parroquia máis occidental. Está composta por varias casas dispersas en varios grupos, un na zona noroeste, outro na zona nordeste, e outro na zona sur, con varias vivendas que numerosos habitantes consideran de Villardigo e outros de Toxeira.

➜ Cancelo

É unha aldea moi pequena que cadra de camiño entre a Corga e Cando, está composto por apenas 10 casas, das cales 2 están deshabitadas, e unha desas está a venta.

➜ Bocadroña

É un pobo pequeno que está ao lado do río Tambre e do río Donas. Tamén se chama vulgarmente Boca de Oroña e, outras persoas, considérano parte de Cando.

➜ O Pumar

Tamén coñecido como Loureiro, é un pobo moi pequeno, pero a súa vez e moi famoso, xa que alí atópase o Pazo do Tambre. Ademais, é a aldea máis próxima a Igrexa de San Tirso de Cando.

➜ Vilar

Está na cima da elevación que existe entre o regueiro dos Laxosos e o río Tambre. Preto desta aldea atópase a ponte colgante que une Outes coa central hidroeléctrica.

➜ Carballido

Está a medio camiño entre Filgueiro e O Pumar, ten arredor de 5 casas.

Filgueiro

Está separado de Cando polo Regueiro dos Laxosos, é un núcleo pequeno que non chega aos 10 domicilios.

➜ Insua

É unha aldea composta por 4 domicilios, é tamén a localidade outiense que está situada máis ao leste. O único acceso a aldea é unha estrada que parte dende Vilar.

Cando de Abaixo

Esténdese polo suroeste de Cando, tamén está formado por varios domicilios no centro de Cando. É unha aldea un pouco máis pequena que Cando de Arriba. Nalgúns mapas, Cando de Abaixo e Cando de Arriba forman unha única aldea.

Cando de Arriba

E a aldea máis poboada da parroquia, e a súa vez, xunto con Cando de Abaixo, conforma a capital da parroquia.

➜ O Gallardo

É unha aldea moi pequena, que nin chega a 5 domicilios. Está ao lado de Cuns.

Cuns

É a última aldea do concello antes de chegar ao concello de Negreira.

➜ O Formigueiro de Abaixo

Está composto por unha única casa, situada preto do río Donas.

➜ O Formigueiro de Arriba

Tamén ten unha soa casa, que permanece deshabitada durante a maior parte do ano, o que xera dúbidas ao contar esta aldea como núcleo de poboación habitado.

Acontecementos históricosEditar

O 18 de xaneiro de 1994 tivo lugar o evento de Cando, unha grande explosión que a día de hoxe aínda non ten unha explicación científica clara.

DemografíaEditar

Ten arredor de 700 habitantes e está composta por varias localidades, sendo as máis principais Pontenafonso, Cando e Cuns, sendo esta o último núcleo urbano do concello antes de chegar ao concello de Negreira.

MonumentosEditar

Pedra Serpal

Mirador do Castelo

Pazo do Tambre

Pontenafonso


Galería de ImaxesEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar