Negreira
Coordenadas: 42°54′39″N 8°44′06″O / 42.9109711, -8.7349564
Negreira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala. Segundo o IGE, en 2014 tiña 7.009 habitantes (7.079 no 2012, 7.077 no 2011, 7.029 no 2010). O seu xentilicio é negreirés ou nicrariense.
Negreira | |
---|---|
Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | negreirés - nicrariense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca da Barcala |
Poboación | 6.811 hab. (2022)[2][3] |
Área | 115,1 km²[3] |
Densidade | 59,17 hab./km² |
Entidades de poboación | 18 parroquias[4] |
Capital do concello | Negreira |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | Manuel Ángel Leis Míguez (PSdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 6 |
Eleccións municipais en Negreira | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 73,04% |
Na rede | |
www.concellodenegreira.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía Editar
Situación Editar
Linda ó norte cos concellos da Baña e Santa Comba, ó sur con Brión, Noia e Outes, ó leste con Ames e ó oeste con Outes e Mazaricos. Está comunicado con Santiago de Compostela a través da estrada AC-543 (Santiago-Bertamiráns) e a AC-544, que chega á vila de Negreira e segue até Muxía pola Pereira.
A vila de Negreira está situada á beira do río Tambre.
Demografía Editar
Censo total 2014 | 7.009 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 920 (13.12 %) |
Entre 15 e 64 anos | 4.352 (62.09 %) |
Maiores de 65 anos | 1.737 (24.78 %) |

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011
Evolución da poboación de Negreira Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
5.847 | 6.958 | 8.440 | 7.771 | 6.497 | 6.941 | 7.077 | 7.079 | 7.091 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia Editar
No monte Corzán consérvanse megálitos. En Espiñaredo hai un conxunto de mámoas, con 32 pedras cunhas medidas de 32 metros de diámetro e 5 de altura. En Logrosa atopáronse dúas esculturas antropomorfas en posición hierática, con brazos e mans ben definidos, do ano 1 d.C.. Consérvanse no Museo do Pobo Galego, nunha das salas de Historia de Galicia. Hai restos de poboados castrexos en Broño, Logrosa, Vilachán e Xallas.
O asentamento de Nicraria Tamara (por estar situada á beira do Tambre) ten a súa orixe na idade antiga, vinculado a unha explotación de minas de prata. En 876 o rei Afonso III o Magno concedeu o feudo de Negreira ó bispo compostelán Sisando. En 979 houbo unha incursión normanda que arrasou a vila, reconstruída en 1113.
Os Reis Católicos declararon a vila Foro Real, o que supón a súa independencia do mando episcopal. Esta concesión foi renovada por Carlos I en 1520.
Cultura Editar
Patrimonio Editar
O Pazo do Cotón, situado ó pé do Camiño Real, é unha construción dos séculos XVII-XVIII, malia estar documentado xa desde moito tempo antes. Ten claustro e tripla arcada na porta da capela, balaustrada barroca e piso superior cunha galería de grandes piares.
Economía Editar
A economía está asentada no sector primario: agricultura e gandería. Cultívanse principalmente millo, pataca e cultivos forraxeiros. Unha importante superficie fértil reservase á herba campía para o gando, maioritariamente vacún. A gandería céntrase no bovino, con predominio das frisoas leiteiras. As cooperativas leiteiras da bisbarra fundaron Feiraco, que hoxe é unha das maiores empresas leiteiras de capital galego.
Durante a Guerra civil española e a segunda guerra mundial houbo, amais, unha explotación mineira de tungsteno.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Negreira.
-
Bosque á beira de Negreira
-
Pazo do Cotón
-
Pazo do Cotón
-
Placa a Xulián Magariños.
-
Monumento á vaca (autor: M. Castelo)
Parroquias Editar
Lugares de Negreira Editar
Para unha lista completa de tódolos lugares do concello de Negreira vexa: Lugares de Negreira.
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Negreira".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Negreira |