Ponte Nafonso
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Coordenadas: 42°49′40.9″N 8°52′32.4″O / 42.828028, -8.875667
Ponte Nafonso é unha ponte de pedra encol do río Tambre preto da súa desembocadura no fondo da ría de Muros-Noia, unindo os concellos de Noia e Outes[1].
Ponte Nafonso | |
---|---|
Localización | |
Río | Tambre |
Concello | Noia, Outes |
Provincia | A Coruña |
Características | |
Construción | Idade Media |
Lonxitude | 270 m |
Ancho | 5 m |
Material | Pedra |
DescriciónEditar
Contén vinte arcos dos vinte e sete que tivo orixinalmente. Nos planos do século XVII aparece con 20 arcos, un deles parcialmente derruído[2]
Ten unha lonxitude de 270 metros aínda que foi orixinalmente máis longa. Os arcos do tramo principal teñen luces entre os nove e dez metros, e están apoiados sobre piares de 2,2 m a 3 metros de ancho. Xa que logo a relación macizo/van é de 1/3. No tramo de acceso os arcos son desiguais e as medidas do macizo variábeis.
O taboleiro ten cinco metros de ancho pero inicialmente foi máis estreito. As bóvedas orixinais son apuntadas, pero froito dunha reconstrución a maioría son de medio punto.
Augas arriba os tallamares son triangulares e trapezoidais augas abaixo.
É único o seu requebro na calzada sen que estea clara a razón do mesmo.
HistoriaEditar
As súas orixe remóntanse a Idade media cando a súa construción substituíu a comunicación das dúas beiras por barca. Foi sometida a diversas reformas dirixidas por mestres de obras como Gregorio Robin (1528), Bieito González (1578) e Mateo Cubas (1610), consonte ao Diccionario de artistas de Pérez Costanti. As reformas do século XIX fixéronlle perder o seu estilo gótico. No século XX, o peitoril foi substituído por unha varanda metálica e recubriuse de asfalto o firme. É mencionada por Lucas Labrada na súa Descrición económica do Reyno de Galicia de 1804, e por George Borrow en 1836.