Tallamar
En arquitectura e enxeñaría civil un tallamar[1] é unha construción en forma de quilla nos piares dunha ponte augas arriba. Serve para cortar e repartir a corrente de auga cara aos lados, evitando posíbeis danos no piar. Serven coma contrafortes ás pontes, facendo que estas ofrezan maior resistencia á forza da auga.

- Para a táboa dunha embarcación que fende a auga, véxase tallamar (náutica)
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tallamar.