Pablo Pérez Costanti

arquiveiro e escritor galego

Pablo Pérez Costanti Ballesteros, nado en Santiago de Compostela o 2 de decembro de 1857 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1938, foi un arquiveiro e escritor galego.

Pablo Pérez Costanti
Nacemento2 de decembro de 1857
 Santiago de Compostela
Falecemento19 de setembro de 1938
 Santiago de Compostela
Soterradocemiterio de Boisaca
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e autor
LinguaCastelán
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi arquiveiro municipal de Santiago de Compostela dende 1885 e traballou nos arquivos da mitra, catedralicio e no de protocolos. Fundou o periódico El Organillo (1883) e colaborou no Boletín de la Real Academia Gallega, El Eco de Santiago, Galicia Diplomática, La Patria Gallega e Revista Gallega. Participou na Liga Rexional Galega (1898) e foi o seu membro correspondente en Santiago de Compostela. En 1923 dirixiu a investigación documental para a sección de arte barroca do Seminario de Estudos Galegos. Pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi académico fundador da Real Academia Galega e correspondente da Real Academia de la Historia e Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

Obras editar

  • Biografía del escultor Ferreyro, 1898.
  • Historia del periodismo santiagués, 1905.
  • Notas viejas galicianas, 1925-1927.
  • Dicionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII, 1930.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar