El Eco de Santiago
El Eco de Santiago foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1896 e 1938.
El Eco de Santiago | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Historia e característicasEditar
Subtitulado Diario Independiente, Diario de Compostela e Diario de la Tarde, apareceu o 1 de marzo de 1896. Fundado por Ventura Villar, quen ao cabo de oito meses cedeu a propiedade ao administrador César Cid Pombo, estaba dirixido por Maximino Rodríguez Regalado. En outubro de 1899 foi mercado por Celestino Sánchez Rivera, que se converteu no novo director, e José Naveira, o redactor-xefe[1]. Jesús Fernández González foi o seu redactor e administrador. Entre os colaboradores figuraron Juan Barcia Caballero, Francisco Romero Blanco, Javier Montero Mejuto, Santiago Montero Díaz, Alfredo Brañas, Pablo Pérez Costanti, Emilia Pardo Bazán, Aurelio Ribalta, Armando Cotarelo Valledor, o Marqués de Figueroa e Victoriano García Martí.
De tendencia católico-conservadora, incluíu información de carácter xeral, principalmente novas do estranxeiro (Cuba e Filipinas), de Madrid, defendeu os intereses locais e incluíu outro tipo de contidos como traballos relacionados coa economía, a literatura, a historia, a moda ou a política, algúns textos en galego (de Rosalía de Castro, Ricardo Barros Pintos e Antonio Rey Soto). Dedicou un número de homenaxe a Pérez Lugín. Desde as súas páxinas atacouse ao federalista Pi i Margall, que pedía a independencia de Cuba. Tamén informou diariamente sobre a primeira guerra mundial e, durante a guerra civil, apoiou o alzamento franquista. Cesou a súa edición o 30 de setembro de 1938 ao fusionarse con El Correo Gallego, e pasou a denominarse El Correo Gallego y El Eco de Santiago.
NotasEditar
- ↑ "1896. Primer treintenario de la fundación de EL ECO DE SANTIAGO. 1926", El Eco de Santiago, 1-3-1926, p. 1.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.