Javier Montero Mejuto
Francisco Javier Montero Mejuto, nado en Santiago de Compostela en 1887 e finado en Madrid en xaneiro de 1974[1], foi un xornalista e político galego.
Javier Montero Mejuto | |
---|---|
Nacemento | 1887 |
Santiago de Compostela | |
Falecemento | xaneiro de 1974 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en El Eco de Santiago e Gaceta de Galicia. Foi un dos asinantes do Manifesto de Ourense da Liga Acción Gallega (1912) con Basilio Álvarez, Eugenio López Aydillo, Ramón Fernández Mato, Manuel Lustres Rivas e José Rodríguez Pavón e participou nalgúns mitins como o de Vilagarcía, en setembro de 1912. Colaborou en Heraldo de Vigo e El Heraldo Gallego. Foi candidato agrario a deputado en Cortes polo distrito do Carballiño nas eleccións de 1914, pero foi derrotado[2]. En abril de 1914 encargouse da dirección de El Pueblo[3]. Trasladouse a Madrid onde foi redactor de España Libre, El Parlamentario, El Sol, Vida Nueva e La Voz; despois foi redactor de Informaciones até 1936. É autor dun estudo sobre Cristovo Colón, La patria del almirante (1927), escrito con Antonio Valero de Bernabé. Foi directivo da Asociación de la Prensa de Madrid.
NotasEditar
- ↑ Hoja Oficial del Lunes, 21-1-1974, p. 21.
- ↑ Diario de Galicia, 10-3/1914, p. 3.
- ↑ La Idea Moderna, 24-4-1914, p. 2.